Cabanas abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, abriu o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí organizada pola Deputación provincial da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2006 poderán practicar este deporte na estación invernal de Leitariegos, provincia de León. Será no mes de febreiro de 2017. Á espera de que a institución provincial confirme quenda e numero de prazas, o Concello abre este prazo de preinscrición para axilizar os trámites. Pode formalizarse na casa consistorial –departamento de Cultura e Deportes- no teléfono 628 486 285 ou no correo cultura@cabanas.gal.

Quedarán entón á espera da adxudicación de prazas e das follas de inscricións por parte da Deputación. Así mesmo, en caso de que a demanda supere a oferta, realizarase un sorteo público para a adxudicación.

Nesta liña, sinalar que a Deputación se responsabilizará da maior parte dos gastos ocasionados: transporte, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento, material e actividades varias. E, cada participante, abonará unha cota de inscrición de 95 euros. A entrada dos rapaces na estación será un domingo pola tarde e a saída, un venres despois da comida.

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …