Narón garda un minuto de silencio polos asasinatos machistas dos últimos días

A corporación do Concello de Narón, presidida polo alcalde José Manuel Blanco e empregados municipais volveron saír hoxe á rúa para condenar os asasinatos machistas que se perpetraron nos últimos días en Vigo, Santiago de Compostela e Tarragona e que remataron coa vida de tres mulleres de 25, 30 e 44 anos, respectivamente.

Cun minuto de silencio e outro de ruído para chamar a atención dunha lacra que, segundo a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, «segue atentando contra a integridade física e psicolóxica das mulleres», varias ducias de persoas concentráronse en repulsa dos asasinatos machistas das últimas horas

Sabio lamentou que a violencia de xénero persista e animou non só ás administracións senón tamén a toda a sociedade a pór todos os medios para a súa erradicación e a traballar especialmente entre a poboación máis nova, na que, dixo, «seguen detectándose actitudes machistas que poden desembocar no asasinato de mulleres polo simple feito de selo».

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …