O BNG de Ferrol lamenta o acto municipal de celebración da Constitución Española

acto-constitucion-2-12

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, Iván Rivas, lamentou hoxe a celebración do texto constitucional por todas as organizacións políticas que conforman a corporación municipal a excepción do BNG.

«A celebración deste feito demostra a coincidencia ideolóxica e política nas cuestións fundamentais de PSOE, PP, Ferrol en Comun e C´s que asumen un texto que consagra o pago da débeda como prioridade fronte a atención à sociedade, a dotación de servizos á cidadanía ou coberturas básicas como o paro ou a seguridade social», apuntou Rivas, quen considerou que «Ferrol en Común, a organización que sostén o goberno local, asuma co resto de organizacións políticas estatais o desenvolvimento deste tipo de actos demostra incluso nas formas as coincidenciais e similitudes entre elas e que o que se nos esta a propoñer à sociedade ferrolá é un recambio mais que un cambio real».

«Para o BNG é fundamental para a nosa subsistencia que sexamos capaz de responsabilizarmos por nós mesmos do noso futuro, e a partir de aí estebelecer as relacións que precisamos en pe de igualdade co resto de nacions que conforman o Estado, porque máis alo da agresividade coa que se ten aplicado o actual marco político e xurídico estabelece unhas limitacións e condicionantes tan grandes que despois de 40 anos de constitución española e marco estatutario o resultado obxectivo é unha Galiza máis empobrecida e despoboada», dixo Rivas

«Desde o BNG consideramos imprescindíbel o desenvolvimento dun novo marco de relacións entre o Estado e Galiza no que recademos nós os nosos impostos, decidamos nós sobre o sector naval, o agro ou a pesca sen limitacións e intereses estratéxicos, porque ninguén vai mirar por nós como non o fagamos nós», concluiu o portavoz nacionalista.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

4 comentarios

  1. Estos tíios son tontos…

  2. Tomás Turvado Gómez

    No se dice imprescindíbel, estos lusitanos extremistas como son!!!!

  3. Ivan vuelve a usar el taparrabos,por eso tu vives en el CASTRO de BAROÑA como un troglodita y no usas ni vehículo ni la AUTOPISTA,una
    Navallada para GALICiA.se consecuente y no un bárbaro ideológico .

  4. Estos tíos no. El que es tinto es éste, que aspira a vivir de la política porque no es nadie. Que aprenda devXaime Bello que siendo Alcalde celebra este día como merece. Lo bueno de esta Constitución es que permite a personas como Iván que defiendan otras cosas. Habría que ver si con la Conatitucion que defiende Iván podríamos los demás hacer lo que ahora él hace. Me da que no. Pero bueno, que le vamos a pedir.