Cabanas conclúe a substitución de 70 lámpadas de alumeado público no Pudrical

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate dos traballos de substitución de ata 70 lámpadas do alumeado público por outras LED de baixo consumo. A actuación levouse a cabo nas últimas semanas no Pudrical e, con ela, o Concello logrará un aforro enerxético e, por tanto, económico, o diminuír a factura eléctrica; optimizará o servizo e, tamén, está a aplicar unha medida respectuosa co medio ambiente.

Nesta liña, o rexidor explicou que para acometer a intervención o Concello contou coa colaboración económica doutras administracións. E, máis concretamente, indicou que as obras, orzamentadas nuns 21.000 euros, recibiron unha achega de 15.859,47 euros con cargo ó Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Fondos que xestiona o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e máis a Xunta de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …