O pleno da Mancomunidade reuniuse en Exponav para pór en valor este espazo con moitísimo potencial

mancomunidad-exponavO pleno da Mancomunidade reuniuse este luns en Exponav, logo de facer un recorrido polas instalacións, como un xeito de «pór en valor este espazo que só se vencella á Armada cando ten moitísimo potencial para ser coñecido e apreciado polo público en xeral”, afirmou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.

Para o rexidor municipal, este tipo de iniciativas, como trasladar a reunión ordinaria da Mancomunidade alí, ou exposicións como a que acolleu recientemente, dos 100 anos de Escola Obreira de Ferrol, son formas de contribuír á visibilización deste lugar.

Xornada de Surf

En canto aos asuntos da orde do día do pleno, cómpre salientar o capítulo de impulso de servizos e proxectos, onde se inclúe a Xornada de Surf que se vai celebrar este mércores día 16, co obxecto de demostrar cómo é posible sacar adiante distintas prácticas de auto emprego xurdidas entorno ao surf e outros deportes de deslizamento.

Deuse conta de que é unha xornada que forma parte do proxecto Costa das Ondas, incluído no convenio de promoción turística asinado entre a Mancomunidade e a Axencia de Turismo de Galicia , e que constará dunha serie de relatorios sobre aspectos que van dende á profesionalización dun evento ata cómo xurde unha marca de deseño de sakates de madeira, entre outros temas.

Malia precisar inscrición, son unhas xornadas abertas nas que poden participar demandantes de emprego, emprendedores, estudantes, afeccionados ao surf, skate ou outros deportes relacionados, que poderán aproveitar para intercambiar información e incluso estudar posibles sinerxias e selar alianzas de futuro.

A xornada celebrarase no Antigo Hospicio en horario de 16.30 a 19.30 e para máis información e/ou inscrición pode consultarse a páxina: facebook.com/CostadasOndas e www.turismodeferrolterra.es

Por outra banda, sobre os restantes temas debatidos no pleno, tiveron a ver coa aprobación inicial da conta xeral do ano 2015, a regularización de asuntos de persoal da mancomunidade e modificación orzamentaria e presentación do informe de cumprimeto de prazos dalei 15/2010 do terceiro trimestre de 2016.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …