Continúan as reunións veciñais en Cabanas para suxerir os orzamentos de 2017

As reunións veciñais organizadas polo Concello de Cabanas nas distintas parroquias do municipio para recabar as propostas para o orzamento do 2017 continuarán mañá mércores día 2. Nesta ocasión será en Laraxe, no local social da SCRD San Mamede. A reunión dará comezo ás 20 horas e a ela están convidados todos os veciños. En primeiro lugar, avanzaranse as liñas mestras das contas e as partidas de investimento e, a continuación, abrirase o turno de palabra para que todo aquel que o desexe realice a súa proposta ou traslade a súa queixa. Así mesmo, entregaranse follas de suxestións para que os asistentes poidan trasladalas por escrito.

Nesta liña, o alcalde, Germán Castrillón, valorou moi positivamente a participación rexistrada o pasado venres na primeira das reunións, celebrada no local social de Santa Cruz, e confiou en reeditar a convocatoria mañá mércores.

Así mesmo, as xuntanzas continuarán o 7 de novembro no local social do CCRD San Martiño do Porto e, ó día seguinte, 8 de novembro, no local social de Lavandeira. Pechando as xuntanzas, a casa consistorial albergará a última reunión o día 10 de novembro. En todos os casos principiarán ás 20 horas.

Lea también

Mugardos solicita una revisión integral del alumbrado público

El Concello de Mugardos detectó un importante número de averías en la iluminación pública, algunas …