O Concello de Cabanas convoca reunións veciñais para recabar as súas propostas ós orzamentos

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, avanzou esta mañá que o Concello organizará reunións veciñais en todas as parroquias de Cabanas para recabar as súas propostas para o orzamento do 2017. «O obxectivo é favorecer a participación veciñal na construción do municipio e, por tanto, invitamos a todos os veciños e veciñas a acudir ás diferentes xuntanzas e facer as súas aportacións», informou.

O calendario inaugurarase este mesmo venres 28 no local social de Santa Cruz. A reunión dará comezo ás 20 horas e nela se explicarán os orzamentos e partidas de investimento para, a continuación, abrir un turno de palabra para que todo aquel que o desexe realice a súa proposta ou traslade a súa queixa. Así mesmo, entregaranse follas de suxestións para que os asistentes poidan trasladalas por escrito.

As reunións veciñais continuarán o mércores, 2 de novembro, neste caso no local social da SCRD San Mamede de Laraxe. O 7 de novembro trasladarase a xuntanza ó local social do CCRD San Martiño do Porto e, ó día seguinte, 8 de novembro, ó local social de Lavandeira. Pechando as xuntanzas, a casa consistorial albergará a última reunión o día 10 de novembro. En todos os casos principiarán ás 20 horas.

Será este o paso previo para iniciar a elaboración do borrador de orzamentos, un proceso de participación que se iniciaba en 2008 e se veu repetindo cada ano.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …