O 90% dos voluntarios nos parques naturais de Galicia repititirían a experiencia

Un 90% das persoas que esta tempada estival participaron nas actividades de voluntariado nos parques nacionais e naturais de Galicia repetirían novamente a experiencia. Esta é unha das conclusións que presentaron esta mañá a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, que deron a coñecer en rolda de prensa no Parque Natural das Fragas do Eume o contido dun balance das actividades de voluntariado levadas a cabo entre os meses de xullo, agosto e setembro nos parques de Galicia, nas que participaron máis de 200 persoas.

Os voluntarios responderon a unha enquisa nas que se observa que a experiencia é moi satisfactoria, tanto en relación cos seus contidos como cos profesionais e destacan que lles cambiou a perspectiva e a forma de ver as cousas e que esta experiencia lles permitiu abrir a súa mente. Para a Xunta este tipo de enquisas aportan datos sobre como mellorar os programas e establecer novas dinámicas que garantan o éxito deste tipo de actividades.

Trátase da primeira ocasión na que todos os parques naturais da Comunidade galega contaron con programas de voluntariado no que os participantes de distinta procedencia colaboraron no seu coidado, ao tempo que tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo as características destes espazos senlleiros e o traballo que a Administración esta a levar a cabo nos mesmos e aos que destinou mais de 80.000 euros para a súa materialización.

Segundo explicaron, en total organizáronse dez programas de voluntariado nas illas de Sálvora, Cortegada, Cíes e Ons, así como programas de actividades do parque natural das Fragas do Eume, O Invernadeiro, no Monte Aloia e no Xurés, xunto cun programa de recoñecemento da Serra da Enciña da Lastra.

As directoras xerais destacaron que todas as actividades teñen obxectivos concretos, debido á súa natureza e aos propios valores que os recoñece como ditos espazos; pero ao mesmo tempo comparten tres obxectivos comúns e fundamentais: promover unha cidadanía concienciada e activa, concienciar da importancia do valor solidario e dar unha maior visibilización ao labor voluntario e inculcar a necesidade de mellorar o noso entorno e fomentar as relacións persoais.

Pola súa banda, a directora xeral de Conservación sinalou que este tipo de actividades fomentan o traballo a prol da recuperación dos ecosistemas en cada un dos lugares, aplicando técnicas e traballos específicos para cada unha das zonas e promoven na cidadanía a adopción de actitudes e comportamento proambientais e sostibles.

Do conxunto de actividades, Díaz López destacou as actividades realizadas no Parque Natural de Corrubedo, no que participaron case 40 voluntarios. Tratouse dun campo de traballo internacional centrado en labores de información, limpeza de praias e erradicación de especies invasoras, entre outras actividades.

Asemade, tamén recordou o programa de recuperación patrimonial no Monte Aloia, celebrado no mes de setembro, co que se levaron a cabo traballos de limpeza e posta en valor das rutas, limpeza da vexetación e labores para a visualización mediática de rutas.

Pola súa banda, Cecilia Vázquez recordou que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tamén puxo en marcha uns campos de traballo nos que un total de 40 «mozos e mozas realizaron de xeito altruísta e solidario actividades de interese xeral neste caso relacionadas co medio ambiente, á vez que se promove a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal». «Galicia é a comunidade de referencia en materia de Campos de traballo. O ano pasado a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España», concluíu.

No que atinxe aos programas de voluntariado ambiental, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en funcións, sinalou que os 200 participantes nestas accións voluntarias realizan actividades tanto no ámbito marítimo como en espazos naturais interiores. Cecilia Vázquez informou que grazas a estas actividades optimizouse «a contribución dos mozos ao obxectivo compartido de valorización das nosas maiores riquezas ambientais, a sensibilización nos participantes de criterios e coñecementos básicos sobre concienciación medioambiental e o coñecemento dos aspectos medioambientais de cada un dos ecosistemas».

Ambas directoras trasladaron o seu agradecemento aos participantes nestas actividades de voluntariado ambiental e nos campos de traballo e avanzaron que a Xunta analizará todas as vías para poder organizar novamente este tipo programas.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …