Realizadas as obras de pavimentación en camiños da Pedreira e Santa Cruz

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá de que o Concello concluíu as obras de pavimentación dos camiños da Pedreira, na parroquia de Laraxe, e de Porcar, na de Santa Cruz. Traballos que, a día de hoxe, tan só están pendentes do pintado dos viais. Nesta liña, o rexidor explicou que o Concello está a investir, no seu conxunto, 45.597 euros procedentes do Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial.

En ambos camiños, as intervencións contemplaron a limpeza de cunetas en ambas marxes da vía, tarefas de rebacheo e pavimentación. A maiores, levaranse agora a cabo traballos de sinalización –horizontal e vertical-. No camiño da Pedreira, estase a actuar sobre unha superficie de 1.019 m2, namentras que no de Porcar son 1.760 m2.

As obras permitirán mellorar a circulación e seguridade vial en dous camiños que, co paso do tempo e o alto volume de tránsito que soportan, foron sufrindo un deterioro progresivo que agora o Concello de Cabanas vén de atallar coas sinaladas actuacións.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …