A compañía Trompicallo protagonizará un espectáculo de marionetas en Piñeiros

O teatro de marionetas da compañía Trompicallo centrará unha das actividades programadas desde a Concellería de Ensino e Bibliotecas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, no local social de Piñeiros. A cita, baixo o título «O día que chegou unha nube e choveu», programouse para o vindeiro 7 de outubro e diríxese a familias con nenos de entre 1 e 5 anos, tal e como indicou a concelleira da área, Mercedes Taibo. Na xornada de mañá luns abrirase o prazo de inscrición nesta actividade, de balde, e para a que terán prioridade as familias que forman parte do proxecto Apego.

A edil explicou que a convocatoria se desenvolverá en dúas sesión, unha que dará comezo ás 18:30 e a outra a partir das 19:30 horas. En cada un dos pases non poderá haber máis de cincuenta persoas, para deste xeito garantir o correcto desenvolvemento da actividade. O argumento da historia iniciase nun espazo cuberto de pedras e no que unha vez que comeza a chover aparecen herba, flores, peixes e ovellas, entre moitas outras especies.

As persoas interesadas en asistir deben anotarse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a través do correo electrónico: a.pita@naron.es ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.:1516).

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …