O PSOE posta pola Lei de Igualdade no Traballo e o Plan de Emprego Feminino

encontro-eva-martinez-22-9

A representante socialista ferrolá na candidatura provincial da Coruña, Eva Martínez, acidu ao local da SDR Canido nun acto político con mulleres traballadoras dunha serie de empregos «historicamente feminizados, como limpeza, axuda a domicilio, caxeiras de supermercado ou auxiliares, entre outras». O obxectivo dese encontro, como informou a candidata, era o de «escoitar de primeira man a situación destes colectivos, as súas demandas e expoñer as propostas, medidas e solucións que ofrece o Partido Socialista para frear o incremento do desemprego feminino, a baixada da taxa de ocupación feminina e reducir ata eliminar a brecha salarial e a elevada precariedade das mulleres no traballo».

A este respecto, Martínez ofreceu algúns datos dos que responsabilizou ao PP polas súas «nulas políticas de impulso ao emprego feminino e polo propio efecto da súa Reforma Laboral, que naceu para facer regresar ás mulleres ás súas casas». Así, destacou que en Ferrol «segundo os datos da EPA relativos ao segundo trimestre, o índice de paro feminino está no 25%, tres puntos por enriba do masculino, e a taxa de ocupación reduciuse con respecto ao trimestre anterior en 1.000 mulleres». Ademais, subliñou que «a brecha salarial en Galicia está en torno ao 24% e que das persoas que na nosa comunidade cobran menos de 1.000 euros, o 63% son mulleres, iso por non falar de temporalidade e contratos a tempo parcial, que no caso das mulleres e especialmente significativo».

«O máis grave de todo, é que en Galicia contamos cunha ferramenta moi útil, a Lei de Igualdade no Traballo, aprobada polo goberno de Emilio Pérez Touriño en 2007, que o Partido Popular deixou gardada nun caixón», afirmou a representante socialista, que engadiu que «é unha norma que naceu cos obxectivos de incrementar o emprego feminino, romper o chamado “teito de cristal” e reducir e acabar coa brecha salarial». A este respecto, asegurou que «o desenvolvemento desta lei é un dos compromisos prioritarios para o candidato á Presidencia, Xoaquín Fernández Leiceaga, de modo que se convierta nunha ferramenta estratégica coa que traballar. Vencellado directamente con esta medida sitúase outra que tamén é fundamental para o PSdeG: a redacción o aplicación dun Plan de Emprego Feminino».

Sobre esta cuestión, Martínez explicou que se trataría de deseñar un plan con incidencia, por unha banda, na mellora do emprego nos sectores nos que as mulleres teñen desenvolvido tradicionalmente a súa actividade, ademais de potenciar novos xacementos de emprego «como cultura ou novas tecnoloxías» e fomentar o cooperativismo «como fórmula que xera postos de traballo máis estables, a través de microcréditos coa banca ética».

«A mellor é incremento da formación ou o fomento da contratación de mulleres mediante medidas de discriminación positiva para as mulleres, dun xeito específico ás que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade, como as vítimas de violencia machista, son outras das accións que se inclúen no programa de Igualdade do PSdeG, que tamén fai especial fincapé nas medidas dirixidas a fomentar a conciliación e corresponsabilidade, como os permisos por maternidade e de paternidade, ou a creación de escolas infantís de 0 a 3 anos, sobre todo en lugares próximos aos polígonos industriais», explicou a representante socialista.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …