O Concello de Narón conta cun superávit consolidado do pasado ano de 3.486.003,83 euros

pablo villamar-6-9O Concello de Narón conta cun superávit consolidado do pasado ano de 3.486.003,83 euros. Así o anunciou na mañá deste martes o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, que incidiu en que o dato «constata que tivemos máis ingresos dos previstos inicialmente e tamén que fomos capaces de controlar razoablemente os gastos, principalmente reducindo a partida destinada a pagar intereses por préstamos bancarios e o aforro na factura eléctrica». Unha partida de 928.000 euros dese superávit destinarase á amortización de débeda bancaria e uns 575.000 euros máis a investimentos, tal e como apuntou o edil, que indicou que este venres se aprobará un modificado de crédito de 1,5 millóns de euros nun pleno extraordinario –que se celebrará ás 10.00 horas no Concello-. O documento saiu hoxe adiante na Comisión de Facenda.

O edil de Promoción económica subliñou a importancia de destinar 928.000 euros a amortizar débeda. Villamar recordou que rexistrada no Concello a 31 de decembro do ano pasado ascendía a 6.437.000 euros, cando no ano 2011 superaba os doce millóns. «A débeda bancaria actual representa o 22,55% do orzamento municipal, co que estamos ben lonxe dos límites legais, que están en torno ao 75%». A finais desde ano a previsión é que a citada débeda baixe dos catro millóns de euros, tal e como indicou Villamar, que considera esta cifra «moi razoable nos actuais tempos de crise».

No que respecta aos investimentos a realizar con cargo a unha partida de 575.000 euros deste superávit, o concelleiro naronés sinalou que se acometerán traballos de mellora da dixitalización no Concello; implantarase unha interconexión contable entre o Concello e as dependencias do Padroado de Deportes e instalaranse unhas máquinas nas que poder realizar reservas e coller tickets para participar en diferentes actividades deportivas.

Así mesmo, o goberno local reservará uns 200.000 euros a actuacións de mellora na iluminación e de eficiencia enerxética, contemplándose actuacións no Couto, no pavillón das Lagoas; na avenida Bernardo Romero; na Gándara, en Santa Icía, nas Vivendas de Profeco e na rúa Ares. O edil explicou tamén que se destinarán 150.700 euros á adquisición de bens, maioritariamente terreos, localizados na zona do Parque fluvial de Freixeiro para ampliar esta zona verde, e nas inmediacións do local social de Sedes. Os traballos de reforzo da rodadura na avenida do Mar, na Gándara, acometeranse con cargo a esta modificación de crédito, cun investimento duns 62.000 euros e no Pazo da Cultura repararase o zócalo e acondicionarase unha zona de ensaio.

Noutro modificado a aprobar no pleno do venres recóllese un incremento das partidas destinadas a gasto social, concretamente para aumentar as horas para a atención a persoas con dependencia.

No referente ás obras, Villamar apuntou que tras cumprir cos trámites pertinentes, dará comezo o proceso de contratación «para poder executar os traballos á maior brevidade posible». As diferentes intervencións teñen que estar contratadas este ano e rematadas a finais de 2017, tal e como recordou o concelleiro de Promoción Económica.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …

2 comentarios

  1. O sea, que al Concello le sobra la pasta y la va a gastar en pagarle al banco (eso es que la deuda debe ser de aúpa) y en comprar terrenos. No debe de haber otros problemas en Narón…

  2. Tanto hablar de la austeridad de los demás y la hora de la verdad solo saben vender superavit y pago de deuda. ¿Eso no eran cosas del PP?