Desde o Concello de Moeche informaron que finalizaron esta semana as obras que se incluiron no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, que comprendeu o asfaltado de varias pistas municipios e a impermeabilización do teito das gradas do campo de futbol.
Por otro lado, adxudicáronse as obras de mellora de iluminación púbica da estrada AC-682, desde o límite con San Sadurniño ata o límite con Cedido, por importe de 41.000 euros. Estas obras comezarán nos próximos días, coa substitución de 124 luminarias e instalación de tecnología LED e suporán, ademáis do aforro enerxético, una reducción entre 7.000 e 8.000 euros ao ano da factura eléctrica municipal, un paso máis dentro do plan de aforro enerxético iniciado o pasado outono polo Goberno municipal co fin de racionalizar os gastos xerais municipais.
Así mesmo, coa finalización da licitación, darán inicio xa neste mes de setembro , por un lado, os traballos de asfaltado de varias pistas municipais ao abeiro dunha subvención de AGADER co financiadas polo propio Concello por importa de, e por outro, as obras de reforma dos locais sociais de San Xurxo e dun dos locais de Abade, que permitirá que o municipio conte cun salón de actos culturais do que carecía: este investimento ascende a 90.000 euros, cofinanciado pola Deputacion da Coruña e o propio Concello.
Ao tempo o Concello de Moeche leva a bo ritmo a licitación das obras comprendidas no Plan de Acción Social, que permitirá acometer en breve o asfaltado de cinco novas pistas municipios e iniciar a reforma dos exteriores do colexio. Está aberto o prazo para presentar ofertas para a reforma do entorno do castelo e do conxunto da área recreativa, na que destaca un novo ambigú, colocación de novo mobiliario, mesas, columpios, fontes e reforma e mellora da piscina e vestiarios.
O conxunto de obras e reformas realizadas ao abeiro destes proxectos responden por un lado ao programa de goberno e por outro ás demandas que os veciños e veias presentaron nas asembleas veciñais de finais do pasado ano e que terán unha nova edición no primeira quincena de outubro.