O BNG pide unha rectificación ao goberno local no tema dos orzamentos

ivan rivas eva espiñeira  22-9O BNG de Ferrol pídelle ao Goberno Local e ao PP que «deixen de xogar ao despiste e asuman a súa responsabilidade, uns como Goberno encargado de elaborar os orzamentos deste ano 2016 e os outros como responsables do austericidio económico dos últimos 5 anos con responsabilidade compartida no último ano con PSOE e FeC» sinala nun comunicado a formación nacionalista.

Para o BNG «a política económica do PP parece que non é do total desagrado do goberno que leva cos orzamentos prorrogados do PP desde o inicio do ano e á vista da documentación aportada non ten vontade de desenvolver os seus propios ou non quere mostrar as súas verdeiras intencións para a xestión do diñeiro municipal.

Quizais que o responsable de Facenda este ausente durante estes días é o que motiva o descoñecemento da Alcaldesa en funcións da documentación que acompaña aos orzamentos municipais e que seguro que o servizo de intervención municipal non ten ningún problema en aclararlle cal é o seu contido».

Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que «en calquera caso, incluso nos tempos para o estudo dunha documentación inexistente o actual goberno segue o mesmo comportamento despótico do PP dos 4 anos anteriores, que tamén daba 15 días para a súa análise e valoración.

15 días que descoñecemos cando comezan a contar xa que o Alcalde da Cidade anunciou o venres 29 de xullo que os grupos da oposición contarían cunha simple memoria o luns día 1 de agosto que a día de hoxe seguimos sen recibir, e por tanto deberían aclarar a partir de que momento contan eses 15 días. Si é desde a entrega do estado de gastos, desde a futura entrega da memoria, ou desde a entrega dos orzamentos municipais para este ano 2016.

Desde o BNG consideramos que desde a falsidade e carencia de argumentos e improbable que este Goberno poida atopar un aliado no BNG e esta actitude só beneficia aos intereses partidistas do PP que só nos suscita unha dúbida que é si esta maneira de proceder é inconsciente ou se o suicidio político do actual goberno é premeditado.

Sexa como sexa desde o BNG demandamos ao actual goberno que rectifique xa non por poñerse eles mesmos aos pés dos cabalos do PP senón por responsabilidade coa Cidade xa que tamén están a poñer aos pés dos cabalos do PP os intereses dos veciños e veciñas da Cidade, despois de estar sometidos á tiranía dun goberno con maioría absoluta durante os 4 anos pasados que o actual goberno parece querer emular».

Lea también

La oficina de atención ciudadana de Ferrol recibió en noviembre una media de 100 llamadas diarias

Entraron más de 2.100 llamadas, de las que el 46% solicitaron traslado directo a un …

2 comentarios

  1. O BNG non sei a que xoga, por unha banda crítica o goberno actual o que grazas a el esta a gobernar a cidade, mais ben desgobernar e facer de Ferrol unha aldea, porque si esto non cambia chegaremos a eso.

    Poñedevos as pilas e haber si de unha vez por todas facedes algo útil polos ciudadans, e vos deixarse de parvadas, estamos cansos de oír sempre a mesma cantinela.

  2. zidadan da zinadadanía

    Tendo en conta que morrían de fame centos de nenos por falta de unha política social e que era noado facer un cambio na xestión municipal para evitar tal desfeita, queda claro que a presa non e o seu. Débeno ter ben planificado. O certo e que para ser de esquerdas tes que ser millonario, porque non sei cantos nenos e desafiuzados morrerían nos últimos 15 (KUIDADO. QUINCE) meses de politica de exterminio social (Beiras, dixit). O non será que lles trae sin ansia que sigan gobernando co aldraxante presupuesto do PP.