O programa de difusión ciéntifica mariña «Mergúllate no Océano», en Cedeira

cedeira-playa magdalena«Mergúllate no Océano» é un programa de difusión científica mariña da Universidade de Vigo que todos os veráns percorre as praias galegas para achegar as ciencias e tecnoloxías mariñas a todas as persoas interesadas, sen ter en conta a idade nin o nivel formativo.

A vila de Cedeira, máis concretamente o areal da Madalena, acollerá dita iniciativa os días 30 e 31 do presente mes. «Mergúllate no océano» consiste nun percorrido de oito obradoiros que a través de experimentos sinxelos, simulacións e xogos permiten ao participante atopar curiosidades sobre os nosos mares e océanos, obter coñecementos específicos que teñan relación coa investigación que se realiza nas universidades e centros que forman o Campus do Mar, e por suposto aprender a levar un estilo de vida más sostible co medio mariño.

Os obradoiros están dirixidos por profesionais con titulación superior universitaria e dilatada experiencia na transmisión de coñecementos a través de accións de divulgación da ciencia, contratados para tal fin tras superar un proceso selectivo.

O programa tamén consta dunha mostra duns 200 metros cadrados que estará aberta ao público ininterrompidamente entre as 11.00 e as 20.30 horas.

Más de 1.500 persoas xa levan participado nas dúas xornadas que o programa estivo na praia de Samil.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …