Reunión no concello con membros da asociación de montes vecinais de Cha

montes de chaO alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e a concelleira de Zona Rural, Rosa Méndez, mantiveron na mañá deste xoves unha reunión con membros da Asociación de Montes veciñais de Cha para explicar o réxime aplicable en materia de usos aos montes de Brión.

Segundo explicou Rosa Méndez o réxime de usos de ditos bens comunais leva consigo o aproveitamento en réximes de explotación común ou cultivo colectivo correspondéndolle dito aproveitamento a quen ostente en cada momento a condición de veciño das parroquias de Doniños e Brión.

Así, dende o punto de vista práctico «semella oportuno que estes titulares da explotación creen unha estrutura organizativa que consideren apropiada para a xestión e explotación». Polo que se refire ao desenvolvemento de dita explotación semella conveniente iniciar canto antes a elaboración dunha ordenanza que regule a explotación comunal.

O goberno local, remarcou, apoiará a decisión tomada polos veciños atendendo aos dereitos destes tal e como aparecen reflectidos no informe realizado polo técnico municipal correspondente.

Lea también

Desarticulada una red criminal dedicada al tráfico de cocaína en Ferrol. Seis detenidos, uno de ellos en prisiòn

La Policía Nacional ha desarticulado una red criminal dedicada al tráfico de cocaína en Ferrol, …