Roi Xordo convoca unha asemblea veciñal para tratar sobre participación cidadá

(Foto: Galicia Ártabra).
(Foto: Galicia Ártabra).

A Federación de Asociacións Veciñais Roi Xordo convoca a todo o tecido asociativo ferrolán, incluíndo ás entidades veciñais non federadas, a unha reunión no local veciñal da AVV de Ferrol Vello o día 28 do presente e ás 20.00 horas «co fin de analizar a actual situación da participación cidadá por parte do goberno municipal e que nós calificamos de desleixo: constituídas como están as asembleas veciñais non vemos intención algunha por parte do goberno en poñer en marcha o Consello da Veciñanza incorporando xunto cos representates veciñais eleitos aos membros dos consellos sectoriais xa constituídos e, no sucesivo, a aqueles sectores que o goberno teña a ben promover e constituir, xa que aínda non sabemos cales son.

Namentras as decisións de calado para a nosa cidade ou ben non se toman ou as que se toman fanse sen que as institucións de participación cidadá podan reunirse para, cando menos, ser informadas e podan elaborar informes e estudos de carñacter consultivo para o goberno e o concello-pleno. Así, os temas estratéxicos para a cidade sucédense uns tras outro nas páxinas da prensa local moitas veces, como a última referida á reforma do plan xeral, a iniciativa dela, e grazas, que por mor desta inicitiva sabemos que o goberno presentou o día 16 de xuño a memora inicial á Xunta. Como este van outros temas que pretendemos tratar e que deberían constituir a axenda dos órganos de participación cidadá; sen pretendermos ser exhautivos:

– Plan de integral de mobilidade e espazos públicos.
-Convenio de Defensa.
– Informe sobre a situacion do DUSI.
-Creación do Consello Económico e Social Local.
-Informe sobre o estado do Plan de Transporte Metropolitano.
-Renda Básica Municipal.
– Orzamentos participativos a partir do inicio de debates nos barrios.
-Criterios xerais para a elaboración do informe de sostenibilidade medioambiental
– Situación dos ARRIS.

Lea también

El BNG entrega más de 1.500 firmas para exigir gestión pública en la residencia de mayores del Bertón

El BNG ha presentado este viernes más de 1.500 firmas en Ferrol para reclamar que …

Un comentario

  1. Y eso qué es?….porque en Ferrol sólo se la conoce por el nombre y no por las convocatorias de xuntanza para con los vecinos de la ciudad.
    El gobierno de la ciudad sólo hace el paripé de cara a la galería.