Veciños de Cabanas participaron na ruta cultural a Salvaterra e Portugal organizada polo Concello

ruta mayores 3-6

Un total de 63 veciños de Cabanas partiron este mércores en autocar cara Salvaterra de Miño e Monçao, no Norte de Portugal, no marco da viaxe cultural que organizou o Concello de Cabanas. Nesta liña, a concelleira de Cultura do municipio, Esperanza Gayoso, valorou moi positivamente a resposta da veciñanza á convocatoria municipal.

Os excursionistas puideron coñecer a localidade lusa de Monçao, visitar a súa feira, unha das máis multitudinarias, e percorrer o Palacio da Brejoeira, de estilo neoclásico e declarado Monumento Nacional. O xantar realizouse no restaurante Central. E, a continuación, fixeron parada no concello de Salvaterra do Miño, onde se ubica o maior parque público de Galicia unido ao río, o da Canuda, cunha superficie duns 115.000 metros cadrados e reclamos como un paseo fluvial de varios quilómetros, un pequeno lago, xardín botánico ou animais de granxa.

Lea también

Con enorme afluencia de visitantes Mugardos celebró la «XXXIII Fiesta del Pulpo»

La Real Villa de Mugardos celebró un año más, y ya van treinta y tres, …