A Xunta incrementa ata en 200 euros mensuais o importe do Bono de Aluguer Social

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o incremento de en ata 200 euros mensuais o importe do Bono de Aluguer Social, segundo establece a Orde que tamén establece modificacións no referido aos colectivos que poden beneficiarse destas axudas. No seguinte enlace pódense consultar todos os datos: http://goo.gl/XUH26H. Esta medida foi aprobada polo Consello da Xunta do día 4 deste mesmo mes de maio.

En concreto, o importe mensual do Bono de Aluguer pasará dos 150 euros actuais a 200 nos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Nestes municipios, os beneficiarios do Bono poderán alugar vivendas cunha renda máxima de 400 euros.

Asemade, o importe do Bono incrementase ata 175 euros mensuais nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Nestes municipios o importe máximo mensual do alugueiro non poderá sobrepasar os 350 euros.

No resto de concellos o importe do Bono de Aluguer Social será de 150 euros mensuais e o importe do alugueiro non poderá superar os 330 euros mensuais.

Máis beneficiarios

A Orde publicada hoxe no DOG tamén amplía os posibles beneficiarios do Bono de Alugueiro Social, incorporando a aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período de desfrute desta subvención dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social e acrediten non ter capacidade económica para o pago da vivenda.

 

Estes solicitantes deberán cumprir dous requisitos:

  • Que non se lles interpuxese unha demanda por danos causados na vivenda alugada incorporada ao programa Aluga.
  • Que non teñan débedas derivadas de subministracións da vivenda alugada no marco do Programa Aluga por un período superior aos dous meses.

Este novo colectivo vénse sumar aos que xa podían acceder a estas axudas, que eran os seguintes:

  • As persoas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou que se ditara unha resolución xudicial nun procedemento de similar natureza.
  • As vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custe do arrendamento dunha vivenda e que no a momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración pública.
  • As unidades de convivencia con dificultades para asumir o custe do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.

Axuda complementaria

Finalmente, a devandita Orde incrementa de 450 a 600 euros o importe da axuda única que se concede para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pago de atrasos no caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.

A convocatoria de axudas, realizadas pola Orde do 23 de decembro de 2015, ten un importe total de 4,025 millóns de euros. As solicitudes poden presentarse ata o 30 de novembro de 2016, salvo que o crédito se esgote previamente.

A axuda mensual concédese por un período de 12 meses ampliable por outros 12. O IGVS revisará e aplicará estas melloras ás persoas que xa perciben o Bono de Alugueiro Social ao abeiro da actual convocatoria.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …