Fátima Ameneiro venceu no Campionato de España en Terras do Mandeo

rallye-fatimaO pasado fin de semana disputouse a 3ª edición do Rally Terras do Mandeo nas localidades de Curtis, Aranga, Sobrado dos Monxes e Guitiriz. A proba, terceira do Campionato de España de Rallys de Terra (CERT) en 2016, supoñía a segunda participación do equipo de Édgar Vigo e Fátima Ameneiro sobre a superficie de terra.

Despois dos problemas de preparación do vehículo para disputar a proba do Circuíto de Navarra, nesta ocasión, o vehículo xa contaba coa electrónica e suspensión, quedando pendente para a proba de Ponferrada, a colocación da caixa de cambios.

O Rally comezou con moita néboa e auga, o que unido ao descoñecemento do comportamento do vehículo, fixo que os feneses se tomasen o inicio do Rally como un test no que aos poucos se foron mellorando os resultados. Ademais, unha picada no primeiro tramo cronometrado, provocaba comezar a proba cun tempo atrasado para irse a durmir o venres. O sábado, os tempos foron mellorando a medida que a proba se achegaba ao final, sendo xa no último tramo cando se conseguiu o mellor resultado na xeral. Finalmente, Fátima venceu no Campionato de España de Copilotos Femininas e xunto a Édgar clasificáronse 4º de Grupo N e 12º da xeral.

Fátima Ameneiro: «foi un Rally increible con moitas complicacións pero que soubemos xestionar. O primeiro posto sábeme a gloria, e máis aínda na nosa tempada de debut sobre terra» .

Édgar Vigo: «todo saíu xenial. Foi un Rally dos que non se esquecen pola súa dificultade e do que nos imos con moi boas conclusións comprobando que tramo a tramo somos capaces de ir máis rápido. Xa estamso ansiosos porque chegue o Bierzo» .

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …