O BNG critica a posición do goberno ferrolán polo proxecto de acceso ferroviario ao porto exterior

O Bloque Nacionalista Galego censurou esta mañá que o goberno ferrolán «agardou ata hoxe, cando a obra se atopa licitada e o prazo para presentar recurso finalizado, para lle solicitar formalmente ao Ministerio de Fomento unha copia do proxecto constructivo do acceso ferroviario ao porto exterior, o que demostra que este goberno muncicipal moveuse sempre no ámbito das declaracións e recriminacións verbais sen adoptar ningún tipo de decisión orientada a conquerir algún tipo de cambio ou modificación sobre este proxecto que vai supor a morte da enseada da malata e vai afondar no deterioro medioambiental e económico da ría de Ferrol».

Os nacionalistas, á vista desta solicitude, considera que o alcalde da cidade acudiu a entrevista que mantivo coa titular do Ministerio de Fomento, hai unhas semanas, «mantendo unha actitude de submisión às directrices do goberno central», sinalando así «a pasividade do goberno local para enfrontar esta deción, igual que resulta asombroso que soliciten agora o proxecto constructivo para o acceso ferroviario ao Porto Exterior, despois de once meses de goberno e co periodo para poder presentar algun recurso à licitación xa rematado».

Ademais, o BNG ferrolán demanda que Suárez explique por qué no teñen presentado ningún recurso ao procedimento de licitación «xa que se trata dunha decisión lesiva para cos intereses da nosa ría».

«Lamentabelmente desde o BNG seguimos sen ter coñecemento de que se teña iniciado, por parte do Goberno Local, ningún tipo de denuncia nin valoración na que teñan en conta as irregularidades do procedimento que desde o BNG temos expresado de maneira repetitiva», incidiron.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Gabriel del Castillo

    Es lo único que saben hacer estos nacionalistas, es lo que llevan haciendo desde Junio, a eso se reduce su actividad municipal, es una vergüenza