O grupo municipal ferrolán do Bloque Nacionalista Galego indicou que «non é tolerábel que despois de reiterados anuncios desde o mes de decembro e sen ter presentado nen tan sequera un borrador ao resto de grupos municipais se desista da elaboración dos orzamentos municipais para este ano 2016», querendo así «saber cal é o motivo concreto que impide a este goberno presentar uns orzamentos alternartivos aos do PP, mais aló de se estamos no mes de maio ou non».
Os nacionalistas consideraron así que «a única xustificación plausibel é a confirmación do continuismo na política municipal do PP que a asunción integra destes orzamentos confirma. Este feito demostra que os reproches do PP non fan máis que promover un debate baleiro de contido porque a realidade demostra que a práctica política, neste caso económica, é equivalemente».
«Desde o BNG censuramos que ao mesmo tempo que se desiste de presentar uns orzamentos propios se desenvolve unha política baseada en subvencións nominativas e en prorrogas de contratos que certifican o desenvolvimento da mesma practica política desenvolvida polo PP. As prórrogas de contratos amosan que non hai vontade de encarar un novo horizonte para a xestión pública dos servizos e que todo se limita a declaracións de intencións. Así mesmo, as subvencións nominativas supoñen o reparto dos recursos sen criterios obxectivos impedindo todos os colectivos da cidade poidan acceder a eles en igualdade de condicións», lamentaron os nacionalistas.
Pero si no hacen nada… ¿cómo iban a presentar unos presupuestos? Y para el.próximo ejercicio tampoco… (si es que los dejan seguir al frente)… y el que piense lo contrario es un inocente … inocente
Este ejercicio ya lo dan por perdido…..estas son las ganas detrabajar de un gobierno que hablaba de cambiar el pais.,ver para creer.