O pemento do Couto percorrerá o norte de España a través dunha «food truck»

O Concello de Narón continúa impulsando iniciativas encamiñadas a promocionar o pemento do Couto, un produto que se cultiva ademais de na localidade en varios concellos da comarca e cuxo Regulamento de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) aprobou a Consellería de Medio Rural no ano 2010. Unha nova proposta gastronómica que contempla a promoción desta variedade de pemento nunha food truck –chamada “La Carnioneta”, dun empresario naronés, Bruno Casal-, polo norte de España, contará co respaldo do Concello.

Así o indicou a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, que anunciou que a presentación desta nova food truck terá lugar este domingo, día 17, ás 12:30 horas, nun acto que se desenvolverá nas inmediacións da cervexería El Mercado (estrada de Castela, 120), no Alto do Castiñeiro, e que incluirá degustacións e un apartado musical.

A edil naronesa explicou que «unha vez que comece a campaña do pemento do Couto, nesta food truck poderán degustarse, xunto con outras especialidades culinarias, en diferentes concellos galegos e doutras comunidades autónomas do norte de España a través desta proposta». Ao acto de presentación acudirán, ademais da edil naronesa, representantes da Asociación de Veciños do Couto, da cooperativa do Val e da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.

«A intención do goberno local é continuar apostando pola promoción do pemento do Couto, un produto cun distintivo de tanta relevancia como é unha IXP, que segue uns controis moi específicos en materia de calidade, e cada día máis coñecido fóra de Galicia, pero que consideramos que é preciso continuar promocionando para colaborar deste xeito tanto cos produtores como cos comercializadores que hai no municipio de Narón e tamén noutros desta comarca», subliñou Mar Gómez.

Lea también

Los jugadores del Racing Club Ferrol visitan en Narón al CEIP de Piñeiros

Con nervios, ilusión y, sobre todo, muchísimo cariño han recibido en la mañana de este viernes …