Eliximos Narón sinala que pasado decembro xa alertaron cunha nota de prensa «dos despropósitos do proxecto para a praza do Colexio de Xuvia, e agora estamos a asistir a unha polarización interesada do debate cara a tala dos arbores, pero hai moito máis en xogo»
TEMAS EN XOGO
ENE sinala unha serie de temas a destacar, entre eles:
1. A redución do tamaño da propia praza a favor dos aparcamentos.
2. A inclusión de elementos inseguros nunha zona de xogos, xa que as xardineiras fanse con bordo
de chapa de aceiro de 3 mm. sobresaíndo 5 cm. do solo que ante unha caída sobre ela actúan
case como un coitelo provocando importantes danos engadidos aos da propia caída.
3. A inclusión dunha zona específica de xogos que, a diferenza doutras coma os parques infantís
que contan con un solo de caucho evita danos ante caídas, faise directamente sobre o formigón
cunha simple pintura (¡e a que custo!).
4. Costes e gastos pouco xustificables coma, por exemplo:
a. Facer una capa de formigón de 10 cm. de espesor e reforzada con fibras, sobre a xa
existente capa de formigón.
b. Un custo de 1.413 euros para pintar no solo tres xogos: tres en raia, unha mariola e un
labirinto»
«Este é só un exemplo da falta de control e da improvisación con que se están a facer os proxectos e
obras en Narón, sen deixarnos tempo nin aos veciños nin á oposición a poder estudar as propostas de
actuación.
Agora o debate ao que nos quere levar a alcaldía é ao de que podemos perder a inversión de 95.000
euros da Deputación, cando o debate debe de estar en como se están a estragar os cartos dos nosos
impostos e en como a súa incompetencia nos pode levar a este debate ficticio.
E sabemos que é un debate ficticio porque ¡xa non é a primeira vez¡, pois o proxecto da reitoral de
Pedroso, cando estaba aprobado pola Deputación e aberta a licitación tubo cancelarse para refacer o
proxecto, tralas denuncias de Eliximos por non cumprir coa normativas da construción, ademais de
outras moitas deficiencias que finalmente non quixeron corrixir, mais a inversión non se perdeu.
Dende Eliximos reiteramos as peticións feitas sobre este e outros proxectos que entendemos
necesarias para beneficio de todos os naroneses» remata o cumunicado.