A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro luns, día 21, unha charla informativa do programa autonómico «Iniciativa xove», impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: «Como presentar o teu proxecto?». A convocatoria, tal e como recordou a edil de Mocidade, Natalia Hermida, comezará ás 17.00 horas e diríxese a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos interesados en impulsar unha iniciativa xuvenil a desenvolver durante este mesmo ano. Fernando Rodríguez, dinamizador xuvenil do citado organismo autonómico, explicará aos asistentes en qué consiste esa liña de axudas, coa que se pode financiar ata o cen por cento do mesmo. O importe máximo da contía a percibir a través deste programa é de 5.000 euros.
A axuda pode solicitarse a través de grupos informais, cun mínimo de cinco persoas e un máximo de oito, ou de asociacións xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude, debendo estar as entidades inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude.
As persoas interesadas teñen de prazo ata o 4 de abril para acollerse a esta iniciativa. Para obter máis información pódese consultar a páxina: xuventude.xunta.es.
Pero esto quien lo hace es la Xunta de Galicia, y el enlace que pone es de la Xunta. ¿De qué presumen?
Creo que na información pon ben claro que se trata dunha iniciativa da Xunta de Galicia.
A súa interpretación deixa moito que desexar porque non leu nin as primeiras liñas quero pensar, porque non entendelas sería máis grave…
De qué se presume aí?