Cando a administración confunde traballar nunha ONG con ser voluntario

carta-director-SSempre me considerei unha persoa cunha moi baixa tolerancia ás inxustizas, alguén que non se deixa pisar e que defende o seu. Pero de repente me miro, e vexo que levo anos tolerando unha situación
intolerable (algo que parece que me está pasando a min e ao resto de compañeiros).

Normalicei, e ata me acostumei, a traballar sen cobrar, a que a xunta nos ingrese cando teña a ben,dando por suposto (entendo eu) que as nosas vidas se manteñen do aire, que as nosas hipotecas se pagan con
boas intencións, e que nos alimentamos con paciencia e resignación.

Aquí en Asfedro aprendimos a tolerar que nos ninguneen, que nos esixan rebaixarnos os salarios (aínda máis), que as administracións nos leven ata a asfixia e no último momento, cando xa estamos a piques de tirar a toalla, saían nun acto público como salvadores da patria.

Aprendimos todo iso vindo a traballar cada día con ánimo e humor. Pero xa non, xa non quero acostumarme a que se menosprecie e minusvalore o noso traballo, a dificultade que implica, o esforzo que facemos para vir a traballar mantendo os ánimos , e procurando darlle o mellor servizo a cada un dos usuarios e usuarias.

Traballo en Asfedro, sei da necesidade do servizo, e sinto esta entidade como propia. Non consinto que a Xunta e a Consellería de Sanidade nos sigan insultando. Facemos un traballo, un traballo importante para os veciños de Ferrolterra, e merecemos cobrar por el.

Esixo ás administracións un cambio razoable e xusto na Lei de subvencións, ou alomenos que se compromentan a firmar os convenios e facer os pagos dos adiantos e xustificacións das mesmas en tempo. Só así estará garantida a supervivencia das entidades como a nosa.

O noso traballo ten moito valor, pero tamén ten un prezo.

Estefanía González García
Veciña do barrio de Caranza dende 1978
Auxiliar administrativo en Asfedro dende 2009
Traballadora que nunca sabe cando vai a cobrar dende o 2011

Lea también

Al habla con…Hoy con Olegario Álvarez, presidente del Centro Comercial Aberto A Magdalena

Y si de asociaciones y entidades hablamos una de las que “se mueve mucho” es …