O Centro Manuela Pérez Sequeiros acolle un obradoiro sobre o Virus do papiloma humano

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá mañá un dos actos incluídos no programa deseñado polo Concello de Narón para conmemorar o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión terá lugar un obradoiro de saúde sobre o Virus do papiloma humano a cargo de Carolina Aneiros, médico do Sergas, e de dúas residentes de segundo e terceiro ano, Natalia Domínguez e Eva Laíño. A actividade comezará a desenvolverse ás 18 horas, tal e como recordou a edil de Igualdade, Teresa Sabio, que presentará a convocatoria.

A programación continuará o 29 de abril, cando ese mesmo obradoiro de saúde se impartirá a partir das 16:30 horas no IES das Telleiras a alumnado de cuarto de ESO dese centro e do IES Terra de Trasancos, previéndose que asistan algo máis de cen persoas. O 1 de abril rematará a programación conmemorativa do 8 de marzo cunha ponencia sobre Saúde cardiovascular feminina, que comenzará ás 18:30 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …