O BNG pide a retirada das bandeiras da UE dos edificios municipais

(Foto: Galicia Ártabra).
(Foto: Galicia Ártabra).

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, ao igual que está a facer noutras cidades e vilas do noso país, ven de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde de Ferrol, solicitando que se retiren as bandeiras da Unión Europea que se atopan nos edificios municipais en sinal «de denuncia da barbarie humanitaria que se esta a cometer contra as persoas reuxiadas» .

O BNG sinala no seu escrito que «a actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana.

Nas últimas datas observamos como se lle entrega unha cuantiosa cantidade económica dos impostos dos pobos integrados na Unión Europea para mercar o Estado turco facendo que este peche as súas portas, prohibindo o desprazamento de centos de miles de persoas que marchan dunha guerra que foi alentada polo denominado mundo occidental» .

Lea también

El alcalde de Ferrol repasa con el tejido vecinal las actuaciones del plan de barrios en O Pieiro

El lunes 28 de septiembre los trabajos se desplazan a la parroquia de Valón. El …