Eliximos Narón sinalan que o Concello incumpre as condicións básicas de accesibilidade

Eliximos Narón informaron que van aportar a través da ASCM información sobre a inaccesibilidade ao expediente aberto pola Valedora do pobo contra o Concello de Narón.

Así o informaron dende o grupo municipal naronés, sinalando que «dende o outubro pasado vimos reclamando ao Concello que cumpra as súas obrigas en tema de accesibilidade, dende a atención ao público no propio edificio do concello ata pequenas accións de concienciación social dos problemas da accesibilidade, pasando pola obrigatoria do establecemento de fondos dos orzamentos para o cumprimento das condicións básicas de accesibilidade. Tres mocións e propostas orzamentarias que o Goberno non dubidou en rexeitar», indicaron.

«Xa é de todos coñecido que os políticos son inaccesibles en Narón, pero tamén fan inaccesible dende a participación na política, nin como espectador, xa que, por exemplo, non existe un entorno accesible para a asistencia aos plenos, ata a cultura, xa que tampouco é accesible o Pazo dos 17 millóns de euros no que se encerra a cultura, e ao que se destinan 1,6 millóns de euros ao ano (o 5,5% do presuposto do Concello). Aclarar que xa sabemos que ten unha rampla para chegar ao “galiñeiro” pero moverse o outro nivel ou ir ao escenario xa é unha odisea polo espazo exterior».

«Narón e excluínte en todos os aspectos porque así o decidiron os seus políticos e porque así o estano a facer», remataron no seu comunicado.

Lea también

Narón convértese no corazón do fútbol base galego co Campionato de Seleccións comarcais

As instalacións municipais de Río Seco, Narón, serán este martes de Entroido o punto de …