Rey Varela reitera o seu compromiso cos enfermos de alzhéimer e os seus familiares

rey varela afal ferrolterra 3-3

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde no seu despacho de San Caetano con responsables da Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL Ferrolterra). Esta xuntanza produciuse despois de que Rey Varela visitara o pasado mes de decembro o Centro de día desta entidade no municipio ferrolán, e a mesma tivo por obxecto analizar a situación dos servizos de atención a este colectivo no ámbito de actuación de AFAL, así como estudar ampliar as vías de colaboración entre a administración autonómica e a devandita asociación de cara ao futuro.

Neste sentido, o conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de «seguir apostando pola sensibilización, a prevención e a formación fronte o alzhéimer», e encomiou «o apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares que dende fai anos leva a cabo AFAL Ferrolterra».

Ao respecto, Rey Varela apuntou que a Xunta de Galicia e esta entidade «compartimos o obxectivo de mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, en especial daquelas persoas que se atopan nunha situación de dependencia», polo que avogou por afondar na colaboración coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida con plena autonomía.

Lea también

ENCE presenta o proxecto da súa pranta de Fibra Reciclada en As Pontes

Segundo as previsións que manexa Ence, na primeira fase xeraranse 100 empregos directos e preto …