Entregados os premios do Concurso de Tapas de Entroido 2016

naron-premios tapas 16O alcalde de Narón, José Manuel Blanco e o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, entregaron  este luns os premios correspondentes á cuarta edición do «Concurso de Tapas de Entroido 2016» organizado polo Concello e enmarcado no programa «Narón gastronómico», que se desenvolveu entre os días 4 e 10 de febreiro. Participaron tamén no acto dous integrantes do xurado: o exedil naronés José Luis Suárez e Eliseo Faraldo, membro da asociación gastronómica «Os Cazoleiros”.

GAÑADORES DO CERTAME

Os gañadores do certame deste ano foron os establecementos: Café Bar A Cachimba, o Restaurante A Trasanquesa, as cervexerías Índalo, Druída e O Paseo, o Mesón O Pío e o Romero II. Villamar destacou o elevado nivel das tapas presentadas a este concurso gastronómico e recordou que «a idea do Concello de Narón é realizar este tipo de iniciativas para que a maiores dos clientes que tedes día a día a xente se anime a visitar os diferentes establecementos e coñecer as súas propostas culinarias». O rexedor local e o edil de Promoción Económica agradeceron a participación dos dezaoito locais de hostalería e a de todas as persoas que degustaron as diferentes especialidades culinarias presentadas a esta nova convocatoria do concurso para, a continuación, felicitar aos gañadores e gañadoras desta edición.

O primeiro premio na modalidade creativa, dotado con 400 euros, foi para o restaurante A Trasanquesa, pola elaboración «Carrilleira en crema de champiñóns” e os segundos premios «ex aequo» na citada modalidade –de 250 euros cada un- para a Cervexería Índalo pola tapa «Indalo Creativo» e para a Cervexería O Paseo por «Mar Bravo».

En canto á proposta de Tapa de Entroido o primeiro premio, tamén de 400 euros, foi para o Mesón O Pío, pola elaboración de «Que churro de cocido» e os segundos «ex aequo» -250 euros cada un- para Romero II por «Cocido do Romero» e para a Cervexería O Druída pola creación «Espetada de fríame de cocido».

O bar A Cachimba gañou este ano o premio de votación popular, valorado en 250 euros, por obter a súa tapa de Entroido «O Entrefrebado de Lugo» a mellor puntuación no reconto de boletos depositados polas persoas que fixeron a degustación nas datas do concurso. Todos os establecementos participantes recibiron un diploma acreditativo.

Ao certame, no que participaron dezaoito locais do municipio, presentáronse máis de 23 creacións nas modalidades de Entroido e Tapa Creativa, doces e salgadas, que as persoas que acudiron  durante as datas indicadas aos locais concursantes puideron degustar e valorar, grazas a unhas papeletas que se distribuíron previamente nos establecementos.

SORTEO DE CINCO CEAS

O Consistorio acolleu tamén este luns o sorteo das cinco ceas para dúas persoas entre o público que participou nas votacións. Fíxose mediante a recollida das papeletas de forma aleatoria entre todas as depositadas nas urnas durante o concurso. O concelleiro de Promoción Económica recordou que se contabilizaron máis de 5.000 votos entre todos os locais participantes. A organización do certame porase en contacto coas persoas agraciadas nos vindeiros días para comunicarlles as datas e o lugar no que poden celebrar o velada.

 

 

Lea también

Xornada en Narón de conferencias e visitas guiadas ao CIMIX

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza …