O PPdeG censura as actuacións coas que dirixentes usan as institucións públicas

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa na sede do PPdeG. Santiago de Compostela. 19 de febreiro de 2016
O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa na sede do PPdeG. Santiago de Compostela.

O voceiro do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que «a quen declararon persoa non grata os veciños de Pontevedra nas pasadas eleccións xerais do 20 de decembro foi ao Bloque Nacionalista Galego». Desta maneira deu resposta á intención do alcalde deste municipio, Miguel Fernández Lores, que pretende «usar o Concello para declarar persoa non grata ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, por aprobar que ENCE poida seguir operando na cidade durante 60 anos máis», dixo Tellado.

Segundo o voceiro, o que debería facer Lores é preguntarlle aos milleiros de familias que viven de ENCE «a súa opinión ao respecto porque estamos seguros que non entenderían que se reprobe desa forma a quen ten garantido a continuidade dos seus postos de traballo. Recordamos que coa súa xestión, o alcalde ten convertido a súa cidade na segunda urbe con taxas de paro máis altas de Galicia», engadiu o voceiro. Ademais, Tellado lembrou que «Rajoy obtivo en Pontevedra cinco veces mais votos que o Bloque o pasado 20 de decembro».

Outras das actuacións partidistas que se están a levar a cabo e que foron censuradas polo portavoz foi que, dende algúns concellos, «se estean sufragando autobuses para ir a manifestacións contra o anteproxecto da Lei de Acuicultura, como pretende organizar o PSOE».

«Quen ten que pagar as facturas deses buses é o Partido Socialista e non usar recursos municipais de concellos como Cambados ou a Illa de Arousa, que sufragan os veciños a través dos seus impostos», dixo Tellado.

O portavoz asegurou que o Goberno galego xa anunciou a intención de paralizar o anteproxecto ata que exista un consenso co sector e que «insistir en que se retire o que nunca foi presentado parece pouco razoable, respondendo a un empeño de manter esa estratexia combativa contra a Xunta nun asunto xa falado co sector».

Ademais, Tellado referiuse á xuntanza de alcaldes rebeldes de Podemos, como eles mesmos a definiron, organizada en Galicia hai poucos meses e que tivo como sede os concellos de A Coruña e Santiago. «Onte coñecemos que o alcalde de Zaragoza, de Podemos, ademais de pasar os seus gastos de gomina ao seu concello, tamén pasou os da súa viaxe a Galicia».

Nese sentido quixo reiterar a petición do PPdeG de que os gastos de aqueles encontros lle sexan repercutidos a Podemos, a En Marea, ou a AGE, «pero que en ningún caso sexan asumido polos concellos de A Coruña ou de Compostela cando foi unha xuntanza partidista e sen carácter institucional».

Campaña contra Besteiro

Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado tamén se pronunciou sobre os últimos acontecementos que salpican ao avogado de José Ramón Gómez Besteiro, Cándido Conde-Pumpido. «Ningún político sensato tería un avogado defensor baixo as sombras das dúbidas de ter podido coaccionar a unha xuíza ou de ofrecerlle un trato de favor a un órgano xudicial a cambio de que mire cara outro lado nun caso de corrupción».

Así mesmo, tamén se referiu á campaña das Xuventudes Socialistas de Galicia iniciada onte para criticar a xestión do presidente Alberto Núñez Feijóo e os posibles casos de corrupción que pode haber no PP pero que, segundo Tellado, «semella ser máis unha estratexia interna do PSOE contra o propio Besteiro na que parecen estar todos».

Nesta liña, sinalou as peticións de Ciudadanos a Pedro Sánchez para apartar aos imputados das listas dos partidos ou dos cargos públicos, ou o feito de que o voceiro do PSdeG no Paramento de Galicia fale de maneira reiterada de casos deste tipo cando ao seu secretario xeral impútanselle cargos gravísimos.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …