O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá un encontro cos comités de Electro Rayma e Tecman para trasaldarlles o apoio as súas reivindicacións e anunciar que o BNG de Ferrol asumirá e presentará no pleno municipal a moción eleborada polos traballadores, na que piden a subrogación coas condicións laborais actuais dos traballadores de mantemento nos estaleiros da Ría de Ferrol co fin de garantir a continuidade destes traballadores da mesma maneira que acontece na factoría de Cadiz.
«O BNG pide poñer fin a discriminación dos traballadores de Ferrol», fizo saber o voceiro do partido ferrolán, Iván Rivas, lembrando que «os 65 traballadores de Electro Rayma e Tecman piden algo tan sensato como a subrogación dos postos de traballo que veñen exercendo dende hai moito tempo, ao igual que se fai na Bahía de Cadiz, sobre todo cando os salarios dos traballadores que fan o mantemento na ría de Ferrol non son un problema para Navantia xa que están moi por debaixo dos da Bahía de Cadiz».
Rivas considerou «inasumible a discriminación á que os centros de producción da ría de Ferrol se lles está asometer permanentemente, sexa por cuestións como as condicións laborais dos traballadores da industria auxiliar sexa polo reparto da carga de traballo dentro da empresa Navantia e ante a que o actual goberno municipal permanece en silencio».
«A consecuencia inmediata da carencia de carga de traballo é a precarización todavía máis das condicións laborais dos traballadores», ademais que «coa actual política de contratacións a empresa Navantia está a tirar os prezos para precarizar as condicións de traballo dentro do Asteleiro sen esixir ningún compromiso de permanencia dos postos de traballo nen vinculación coa comarca de Ferrolterra», incidiu Rivas.
Así mesmo, dende o BNG lembran que as condicións de salario e traballo da industria auxilIar «foron obxecto de iniciativas do BNG tendentes a superar a vergoñenta situación que hoxe están a padecer os traballadores deste sector, tanto en termos salariais como en xornadas de traballo que chegan até as 14 horas diarias, e que este tipo de contratacións como a que hoxe denuncian os traballadores de Electro Rayma e Tecma non axudan a mellorar as mesmas», finalizou na súa intervención Rivas.