A Agrupación do Partido Socialista de Ferrol inaugura este xoves ás 19:30 os «Encontros coa veciñanza», unha cita aberta dos concelleiros do grupo municipal socialista no Concello de Ferrol con todos os cidadáns.
O PSdG-PSOE sinala nunha nota informativa que «Os «Encontros coa veciñanza” terán lugar na sede do partido socialista en Ferrol, na rúa da Igrexa, e responden a un manifesto e contrastado interese de achegar ás cidadás e cidadáns a acción que os concelleiros do Partido Socialista están a facer dende o goberno municipal para mellorar a nosa cidade, nun partido que abre as súas portas ás inquedanzas da cidadanía.
Nun exercicio de absoluta transparencia, cada xoves un dos edís que forman parte do goberno de Ferrol exporán as súas accións e propostas no Concello e manterán unha conversa aberta e plural con todas as persoas que se acheguen á nosa sede, respondendo ás preguntas que lles formulen sobre a actuación do goberno local, nunha mostra da transparencia e a proximidade que nos caracteriza como partido.
Estamos plenamente convencidos de que a participación e a colaboración dos cidadáns é un piar fundamental sobre o que temos que facer pivotar a acción do Partido Socialista no goberno local, e que atender tanto ás súas propostas como opinións para facelos partícipes das nosas decisións é non só a nosa vontade senón tamén a nosa obriga.
Con este fin, os “Encontros coa veciñanza” serán inaugurados pola teniente de Alcalde e portavoz do grupo municipal socialista, a nosa secretaria xeral en Ferrol, Beatriz Sestayo, concelleira de Benestar Social, Muller e Festas.
Como avanzábamos, trátase dun encontro aberto a todas e todos os ferroláns no que confiamos que se produza unha presenza importante de cidadáns que nos axuden, coa súa pluralidade de opinións, a enriquecer a acción do Partido Socialista».
Veremos un álbum fotográfico de la Alcaldesa
Si se dedicaran a hacer su trabajo en vez de tanta reunión de pacotilla, mejor le iría a Ferrol.