A Xunta destina 14,3 millóns á transformación e comercialización de productos agroalimentarios

 

angeles vazquez 3-2-2

A Xunta destina este ano un total de 14,3 millóns de euros para apoiar a transformación e comercialización de produtos agroalimentarios. «Con estas achegas, o Goberno galego amosa a súa decidida aposta por impulsar a eficiencia das explotacións agrogandeiras e a valorización dos nosos produtos», destacou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, esta mañá en Lalín, durante a súa visita ás novas instalacións do Laboratorio Agroalimentario de Mouriscade.

A titular de Medio Rural dixo que «eficiencia e valorización son, precisamente, os piares sobre os que se debe asentar a mellora da competitividade da nosa produción e industria agroalimentaria». En relación con esta última, a conselleira lembrou que esta actividade económica factura en Galicia 4.721 millóns de euros anuais e dá emprego a preto de 20.000 persoas, o que supón o 16,4% da facturación total e o 15% do emprego total da industria galega.

«Para sustentar este sector –engadiu Ángeles Vázquez–, resulta fundamental o labor de investigación, divulgación e realización de análises que leva a cabo este laboratorio de Mouriscade, un centro que cualificou como exemplo de colaboración económica e institutcional entre as administracións local, autonómica e estatal». Neste sentido, destacou a achega de máis de 2,1 millóns de euros por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, para financiar as novas instalacións de Mouriscade.

Tamén neste contexto, a conselleira sinalou que «a biotecnoloxía aplicada á produción de alimentos e á industria agroalimentaria está a producir uns resultados asombrosos, ata o punto de que nunca o consumidor contou cunha oferta alimentaria máis ampla, segura e de calidade que hoxe». E lembrou que precisamente un dos obxectivos deste laboratorio «é a optimización da alimentación animal desde a dobre vertente económica e da seguridade alimentaria».

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …