Este venres degustación de productos gastronómicos Feira de Lalín 2016

cocido lalinA Feira do Cocido de Lalín, unha das principais festas gastronómicas de Galicia e Festa de Interese Turístico Nacional desde o 2010, desembarca este venres en Ferrol en forma de camión gastronómico -ou food truck como se deron en chamar estes vehículos- dentro dunha xira promocional do Mes do Cocido polas principais cidades e vilas galegas.

Este food truck fará a súa terceira parada galega no Concello de Ferrol, logo de saír de Lalín e deterse en Lugo. Estará estacionado durante toda a xornada -de 10:30 a 19:00- nun lateral da Praza de Armas, coas portas abertas a veciñanza para desgustar algúns dos manxares mais típicos de Galicia, e desta época do ano, como o lacón con grelos.

O cocido sae dos fogóns dos novos valores da cociña de Lalín que están a reinventar o prato mais típico da nosa gastronomía cos aires e a presentación que lle da a modernidade culinaria. É unha iniciativa da Alcaldía de Lalín, que chega este vernes  a Ferrol co fin de potenciar o sector da hostalaría e a restauración local mediante unha campaña de márketing e publicidade específica, que se desenvolve desde o 15 de xaneiro ata o 14 de febreiro facendo bo o lema “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”.

A parada en Ferrol do ‘food truck’ de Lalín conta coa colaboración do Concello e da Policía Local da cidade. O pregón da edición número 48 da Feira do Cocido será o domingo 31 de xaneiro, na capital do Deza a cargo do xornalista Manuel Jabois.

Ademais da xira promocional no bus do cocido polas cidades de Galicia e Norte de Portugal, a 48 edición da Feira de Lalín, vense de reforzar cun novo portal web: feiradococido.lalin.gal.

Lea también

Ferrol iniciará el lunes 28 de septiembre el plazo de matrícula para su oferta deportiva para adultos

El plazo comienza el lunes con propuestas que van desde gimnasia de mantenimiento, talleres y …