Os grupos de Canto e Pandeireta do Padroado ofreceron un repertorio de panxoliñas nas esolas municipais

naron-panxoliñas Os grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura obsequiaron aos nenos e nenas das catro escolas infantís municipais coas súas actuacións, ao interpretar un completo repertorio de panxoliñas típicas destas datas de Nadal. Os de maior idade animáronse cos seus profesores a cantar algunhas destas cancións, se ben todos eles gozaron coa actividade, na que participaron as concellerías de Ensino e Cultura, dirixidas polas edís Mercedes Taibo e Marián Ferreiro, respectivamente.

O pasado día 17 de decembro as actuacións tiveron lugar nas escolas infantís da Solaina e da Gándara, e na xornada de onte nas de Piñeiros e Xuvia. Os grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura deixaron constancia entre o alumnado destes centros e o profesorado do seu divertido repertorio, o que sen dúbida constata o éxito desta cita pensada para animar as festas de Nadal nestas instalacións, facendo partícipes aos menores da programación deseñada desde o Concello para festexar estas datas.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …