O BNG demanda explicacións pola contratación de persoal en Emafesa por medio dunha ETT

 emafesa-1O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demandou na mañá  deste martes ao goberno local que aclare en que proceso se atopa a contratación mediante unha empresa de traballo temporal de persoal para traballar en EMAFESA, en traballos de mantenimento das instalacións relativas a rede de saneamento e así mesmo esixe que o alcalde e presidente de EMAFESA revirta este proceso e desenvolva un procedimento de contratación avalado pola administración local coa intención de acadar a remunicipalización deste servizo polo que as futuras contratacións deben vir determinadas polos criterios de contratación que rixen para o persoal ao servizo das administracións públicas.
O BNG afirma que ten coñecimento que desde finais do mes de agosto desde unha coñecida empresa de traballo temporal estivose a tramitar unha oferta de emprego para traballar en EMAFESA. supostamente para traballos relacionados coa rede de saneamento. Concretamente se seleccionaron a 7 persoas para un contrato eventual con posibilidad de contratación indefinida.

Lea también

FeC presenta no pleno mocións que versan no fomento do emprego na mocidade e na loita contra a soidade non desexada

O Grupo Municipal Ferrol en Común, presenta no Pleno da Corporación Municipal dúas mocións unha …