Marea Ártabra reivindica a recuperación da Casa da Muller

marea artabra-20A Marea Ártabra reivindica a recuperación da Casa da Muller e a creación dun Observatorio Municipal da Saúde das Mulleres

A Marea Ártabra reivindica a recuperación do termo Casa da Muller para a entidade que agora recibe o nome de Centro de Información á Muller na rúa de Lugo e quere considerar o seu funcionamento como a ferramenta que era ata hai pouco de axuda e orientación ás mulleres de Ferrol nas cuestións que atinxen a todas as áreas da súa vida.

Así mesmo, propón reformar os Servizos de Acollida ás mulleres vítimas de violencia machista, e a creación dun Observatorio Municipal da Saúde das Mulleres que axude a orientalas e proporcionarlles os servizos acaídos en cada etapa da súa vida, dende a infancia a idade madura, como, saúde sexual e reprodutiva, atención ao embarazo e lactancia, actuación e consellos na perimenopausa e menopausa e coidados na madurez.

Lea también

Rego (BNG) defiende desde Ferrol el derecho a manifestarse para «expresar el rechazo» a fuerzas políticas que «no son» democráticas

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha afirmado también, durante de precampaña …