Iván Rivas, candidato a alcaldía de Ferrol do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas, presentou na mañá deste xoves, día 30. a proposta de intervención no antigo polígono de tiro de Catabois, unha parcela de 15.980 m2 de superficie, que quere converter nun grande parque urbano que sirva para ordenar mediante a creación dun espazo público a estructura urbana dos tres barrios colindantes Catabois, Santa Mariña e San Paulo, dotar ao mesmo dun parque infantil cuberto e suplir o déficit de aparcadoiros que existe na zona.
O BNG- Asembleas Abertas sinala que este polígono se atopa dentro das propiedades incluidas no convenio asinado entre o Concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa do que o BNG aposta por recuperar e poñer en valor o patrimonio tanto o natural como o construido existente e adaptar o mesmo as novas realidades. Asi o BNG-Asembleas Abertas ven defendendo a recuperación gratuita para a cidade de todas estas instalacións e no referente à parcela do sánchez Aguilera desde o BNG- Asembleas Abertasmodificaremos o Plan Especial do Sánchez Aguilera, aprobado polo PSOE e Esquerda Unida e ratificado polo PP neste mandato, co fin de evitar a construcción dun novo centro comercial que afonde na destrucción do pequeno comercio local e evitar procesos de crecemento urbanístico mediante a construcción de 460 novas vivenda cando no noso Concello o 20% das vivendas están baleiras e que demostra que o único beneficiario deste plan é o Ministerio de Defensa que patrimonializa estas construccións.
O BNG-Asembleas Abertas considera que a recuperación desta parcela como un grande parque urbano debe levar aparellado consigo a reorganización e o enlace dos barrios de Santa Mariña, Catabois e San Paulo, aumentando as zonas verdes do concello, e mellorando e facilitando unha conexión peonil entre os barrios e serviría de ampliaría as zonas de lecer co seu enlace co parque da Valenta.
Asi mesmo o BNG-Asembleas Abertas inclue a construcción no mesmo dun parque infantil cuberto, infraestructura da que carece, a día de hoxe, a nosa a cidade e que posibilitará a súa utilización en días de chuva facilitando e mellorando as zonas de espercimento e parques infantís coas que conta a cidade.
Tamén o BNG-Asembleas Abertas lembra que a urbanización da estrada de Catabois, levou consigo a perda dun importante número de prazas de estacionamento e para iso contempla que dentro deste proxecto se habiliten zonas de aparcadoiro públicas que prestarían servizo á estrada de Catabois atendendo a reclamación dos veciños e veciñas e comerciantes da zona.
eso es terreno de la marina y no pueden acer nada de nada.
Asambleas abiertas , esto me recuerda a la película el Doctor Zivago. Asambleas interminables y pocos frutos