Fai case catorce anos, o 25 de Xaneiro do ano 2001 celebrouse una sesión extraordinaria e pública do Concello de Ferrol conxuntamente coa Real Academia de Bellas Artes de Galicia, onde se sentaron as bases para a petición de Patrimonio da Humanidade para o Arsenal es as Fortificacións da Ría de Ferrol.
Desde entón, a pesares do pouco interese dos sucesivos Alcaldes e do aínda peor talante dos responsables de Cultura do Axuntamento de Ferrol destes catorce anos para interesar no tema ás asociacións culturais, polo menos a Fundación Ferrol Metrópoli, ata a súa anunciada desaparición, apoiou de xeito activo este proceso.
Para iso Ferrol Metrópoli rexistrou formalmente o nome de Ferrol da Ilustración, preparando unha exposición que con este título presentou primeiro na Casa de Galicia en Madrid, coa presenza do Alcalde Xaime Bello, e logo levou a Santiago de Compostela, Vila Real de Santo Antonio, La Granja de San Ildefonso, Valencia e Guatemala, mentres os sucesivos e inoperantes responsables da Alcaldía, Cultura e Patrimonio do Concello pasaban totalmente do tema.
Ao mesmo tempo a Fundación Ferrol Metrópoli editou dúas publicacións sobre Ferrol da Ilustración na procura da maior difusión dos valores ilustrados: “Ferrol de la Ilustración hacia el Patrimonio de la Humanidad” e “Ferrol de la Ilustración. La identidad cultural de una ciudad marítima”.
Ademais de Ferrol Metrópoli, a única asociación cultural da cidade que tivo una actitude positiva no apoio a Ferrol da Ilustración cara ao Patrimonio da Humanidade foi o Ateneo Ferrolán, que editou o ano 2004 un completo Caderno de 190 páxinas titulado “Ferrol, Cidade da Ilustración”. O Caderno, dirixido por Eliseo Zaera e coordinado por Juan J. Burgoa, constituíu un notable traballo cuxo interese foi logo recoñecido ao longo de toda Galicia.
“Ferrol, Cidade da Iustración” foi un exemplo de colaboración multidisciplinar que contou cos traballos dun variado abano de investigadores ferroláns como Rosa de Cal, Justino Fernández, José M. de Juan-García, María José Leira, Xosé Leira, Guillermo Llorca, Alfredo Martín, Juan A. Rodríguez-Villasante, Margarita Sánchez, Manuela Santalla e Alfredo Vigo, ademais dos devanditos Eliseo Zaera e Juan J. Burgoa.
Practicamente todas as facetas materiais e inmateriais de Ferrol da Ilustración (cidade, arsenal, fortificacións, construción naval, urbanismo, templos, xardíns, cultura do traballo, viaxeiros e persoeiros, sociedade, costumes) foron estudados nesta publicación por ata 12+1 investigadores/as ferroláns de diferente “sentido e sensibilidade”.
Vanse a cumprir catorce anos desta “petición” do Concello de Ferrol. Que se está a facer desde o Concello, desde os medios de comunicación, desde as entidades da cidade, sobre este asunto ¿ Non será o momento de dicir “APAGA Y VÁMONOS” ?
PERSISTINDO NOS ERROS
Outra vez o Concello facendo das súas; castigo implacable aos inocentes e reparto de premios aos non participantes. Deste xeito o Club de Prensa e a Escola de Hostalaría da Armada van a ser premiados por parte do Concello polo seu labor do pasado ano, co total esquecemento do labor da xente da Semana Santa e desa persoa que todos sabemos.
Quen está detrás do equipo que asesora dese xeito ao Alcalde de Ferrol ?.
Me conmueve algo tan importante para mi como es Ferrol y mucho más cuando puedo observar, como con ciudadanos míos se preocupan de nuestro querido Ferrol, entre las personas que se mencionan en estos trabajos está alguien que yo conozco y se que es un gran trabajador en favor de nuestra ciudad, el no es otro que ELISEO ZAERA, amante de la cultura y desde el ATENEO FERROLANO, ayudó a que los ciudadanos que quisieron acercarse al conocimiento de la historia de nuestra ciudad han podido salir satisfechos pues nuestro ATENEO hizo una gran labor en pos de divulgar estos conocimientos, yo desde aquí doy la gracias a todos los que ha trabajado en este muy digno cometido.
Es verdad que hemos padecido muchísimas corporaciones de nuestro municipio poco interesadas en aprovechar el hecho cierto de la importancia de nuestra ciudad que nace en una época importante del conocimiento, y el título que le corresponde a esa época es de LA ILUSTRACIÓN, aunque para nuestra nación aya sido la época del desbarajuste nacional por los hechos de todos conocidos, pero seguimos adelante y solo debemos pedir a DIOS que nos ayude a entre todos prosperar y ayudarnos entre nosotros, muchos dirán frases deseadas pero difíciles de que se cumplan, pero por pedir que no quede.