El BNG de Ferrol trata de «documento reaccionario» los presupuestos municipales para 2015

bng-logo-SEn un comunicado de prensa enviado a este medio de comunicación, El Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentó alegaciones por los presupuestos municipales, considerando que “se trata dun documento reaccionario que favorece e promove a privatización dos servizos municipais e que do que saen beneficiadas as grandes entidades financieiras”.

O BNG considera que o Partido Popular fica en evidencia e deixa ver o seu caracter antidemocrático. Logo de aprobar inicialmente os orzamentos cun informe do interventor no que criticaba o escaso marxe de tempo para a súa aprobación. Resulta que o propio PP presenta unha reclamación ao seu propio documento, case fora de prazo, presentada a través da oficina de correos, e cunhas propostas que non se corresponden cos estabelecidos na lei que regula as enmendas aos orzamentos municipais, o que evidencia a falla de rigor destes orzamentos e o afán do Partido Popilar por evitar o debate e a imposición dictatorial das directrices económicas do PP que nos están a levar à ruina.

Para o BNG o documento orzamentario aprobado inicialmente amosa a carencia estructural de ingresos que ten o noso Concello, debido à opcupación de máis do 20% de solo urbano por parte do estado. Un estado que ademais modificou o sistema da participación de ingresos aos concellos que reduce a súa aportación as arcas municipais o que lastra a mellora das necesidades da cidade.

Así nos atopamos con partidas con crédito orzamentario insuficientes para cubrir o gasto ao que está destinado e necesidades que non figuran debidamente cubertas onde non se recolle a necesidade de implementar un plano de transporte público que se adecúe as necesidades da cidade tanto da zona rural como da urbana e dote a este servizo das frecuencias e servizos necesarios.

Para o BNG non se atenden debidamente os servizos básicos na Zona rural coa carencia de servizo de saneamento e a limpeza e conservación de viais. Non se contemplan adecuadamente as obrigas municipais de rehabilitación e conservación dos edificios públicos nos que o Concello ten a obriga do seu manetmento e conservación e, así mesmo, no anexo de contratos non aparecen recollidos os contratos nin as prorrogas correspondentes para a prestación de servizos básicos como o de recollida do lixo, ou o de subministro de servizos enerxéticos e mantemento eléctrico.

O BNG salienta que a aprobación destes orzamentos municipais para o ano 2015 non fai máis que pechar, a pesar das graves consecuencias dos anteriores orzamentos municipais, o círculo dos obxectivos económicos que o goberno do Partido Popular pretendeu aplicar nesta cidade desde a súa chegada ao goberno municipal que non foi máis que provocar un incremento exponencial da débeda durante o ano 2012 que tivo como consecuencia durante os anos 2013-2014 e 2015 un incremento dos gastos en intereses e amortización desa débeda, que por outra parte para poder pagar esa débeda, que non tiña ningún fin para o desenvolvemento económico e social da cidade, contratouse un crédito que obrigou aos veciños e veciñas da cidade a ter que pagar ese prestamo durante os últimos dous anos a uns intereses altísimos próximos ao 6% moi lonxe do coste actual do diñeiro para maior benificio dos bancos. Ao mesmo tempo que se contraía o gasto público tanto en investimentos como en prestación de servizos públicos provocando a privatización de servizos que deberían ser asumidos por parte do goberno municipal e que por outra parte para poder pagar esa débeda que non tiña ningún fin para o desenvolvemento económico e social da cidade iniciase desde o ano 2012 unha política destinada a incrementar a presión fiscal dos veciños e veciñas deta cidade co fin de que sexamos nós os que asumamos o custe dos intereses e da débeda provocada polo partido Popular para grande beneficio das entidades financeiras”.

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …