Magosto e Samain en Ultramar, Narón e comedores senior

magosto
Como cada ano, a AVV Ultramar dá a benvida ao outono cos tradicionais Samain e Magosto do barrio. Os actos terán lugar o vindeiro venres 31 de outubro no local da entidade veciñal, na rúa Sartaña 20 baixo.

A partir das 17:00 horas e ata as 19:30 horas, comezarán as actividades gratuitas para os máis pequenos: obradoiros de elaboración de cabazas, xogos, concursos, premios… Non será necesaria a inscripción previa.

A partir das 20 horas, iniciarase o Magosto popular, no que se servirán 200 kg de castañas e diversas bebidas, todo de xeito gratuito. A degustación de castañas estará amenizada pola AFC Terra Meiga.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS NECESITADOS DA ZONA

A organización veciñal anima a todas as persoas a achegarse ao seu local neste encontro cidadán xa tradicional por estas datas.

Así mesmo, lembra que, como xa fixeron nos últimos anos, xa dende o mes de novembro, recollerán alimentos para o grupo de Caritas da zona; polo que anima a que o día doMagosto a xente acuda con alimentos para axudar aos veciños e ás veciñas do barrio.

EN NARON

O Padroado da Cultura do Concello de Narón celebra mañá venres 31 de outubro a 17ª edición do Samaín de Narón. Tódolos actos terán lugar entorno ó Local Social Municipal de San Mateo, e realízanse en colaboración coa Agrupación Veciñal de San Mateo de Trasancos.

A celebración presenta un cargado programa de actos, que dará inició ás 17:00 horas coa apertura da Exposición das Cabazas realizadas polos escolares de Narón, obradoiros nos que participaron entorno a 500 alumnos/as do municipio. Tamén á mesma hora ábrese o Obradoiro de Maquillaxe.

Entorno ás 19:00h. a Compañía de Teatro ‘Os Ghazafelhos’ representará o seu espectáculo “Contos para Escagarriñarse”, recomendadado para tódolos públicos e seguidamente partirá a Comitiva do Samaín pola parroquia de S. Mateo de Trasancos.

Entorno ás 21:00h. abrirase a terrorífica e agardada Casa do Medo, onde se vivirán esceas de auténtico terror e pecharanse os actos có convite da Agrupación Veciñal de San Mateo de Trasancos a unha cunca de caldo e coa música dos grupos de gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón.

MAGOSTO NOS COMEDORES SENIOR DE FERROL

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, celebrará os vindeiros venres, días 31 de outubro e 7 de novembro, o Magosto nos diferentes Comedores Senior que están en funcionamento na cidade. Esta actividade de dinamización permitirá aos usuarios dos catro Comedores Sénior da cidade (Río Xubia, Caranza, Esteiro, e San Pablo-Catabois) gozar dun menú especial e unha sobremesa de castañas asadas e cocidas durante estas dúas xornadas.

O magosto ou festa da castaña é unha festa popular que ano tras ano gaña máis importancia, e con elo recupera a gran celebración que antigamente foi para os pobos de Galicia. Así, o vindeiro 31 de outubro os usuarios dos catro Comedores Sénior de Ferrol realizarán un obradoiro de elaboración de zonchos -colares con castañas- para recuperar as tradicións galegas. Esta actividade estará dinamizada por membros da Oficina de Voluntariado

Lea también

Ferrol se vestirá de Entroido del 15 al 20 de febrero

Queda poco más de una semana para el Entroido y se empiezan a contar los …