Este ano presentáronse 610 obras procedentes de 26 países. Trátase dunha cifra próxima ao récord de participación que se logrou en 2011 con 611 libros.
De todas estas obras, 565 están escritas en castelán e outras 45 presentáronse en galego. Agora o xurado terá que decidir cal delas se levará o XXVI premio Torrente Ballester, dotado con 25.000 euros. O fallo está previsto para outono e a Deputación da Coruña encargarase da edición da obra seleccionada.
Este galardón, o máis antigo da Deputación e un dos de maior prestixio a nivel nacional, naceu co ánimo de fomentar a calidade fabuladora e a creatividade dos escritores, ao tempo que se rende homenaxe ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester. De feito, con motivo do 25 aniversario do premio, o ano pasado creouse a denominada Ruta Torrentiana, un traxecto guiado por Ferrol que percorre os lugares máis simbólicos da vida e da obra do autor.
LIBRO CONMEMORATIVO DOS 25 ANOS DO PREMIO
A Deputación da Coruña acaba de editar o libro “Los 25 premios Torrente”, unha recompilación de fragmentos de todos as obras que gañaron o premio de narrativa da institución provincial dende a súa creación.
A publicación está coordinada por Mercedes Monmany, comisaria do premio, e recolle unha selección das obras publicadas dende o ano 1989, cando gañou Pedro Crespo, ata o 2014, data en que recibiu o galardón Jorge Eduardo Benavides.
Os estratos das novelas recollidas manteñen o formato e a paxinación no que foron publicadas no seu momento e van precedidas dunha fotografía e unha pequena biografía de cada autor.
A intención da Deputación Provincial é que este mes estea rematado xa o segundo dos libros que se editarán con motivo do aniversario do premio decano da institución. Trátase de “Las ciudades de Torrente”, obra de José Antonio Ponte Far.
Ambas as dúas obras serán repartidas polas bibliotecas de todos os concellos da provincia, colexios, institutos e sedes de institucións públicas co obxectivo de darlle a maior difusión posible.
HISTORIAL DE GAÑADORES
Convocatoria | Autor | Obra |
2013: XXV Premio | Jorge Eduardo Benavides | El enigma del convento |
2012: XXIV Premio | Ernesto Pérez Zúñiga | El tercer sonido |
2011: XXIII Premio | Esther Bendahan Cohen | Amor y ley. El tratado del alma gemela |
2010: XXII Premio | José María Guelbenzu | El hermano pequeño |
2009: XXI Premio | Milagros Frías Albalá | El verano de la nutria |
2008: XX Premio | Carlos González Reigosa | O xornalista. A vida do outro |
2007: XIX | Xosé Manuel Pacho Blanco | A Choiva do mundo |
2006: XVIII Premio | Jose María Merino | El lugar sin culpa |
2005: XVII Premio | Andrés Barba | Versiones de Teresa |
2004: XVI Premio | Luisa Castro | Una patada en el culo |
2003: XV Premio | Xesús Constela Doce | As humanas proporcións |
2002: XIV Premio | Rubén Abella | La sombra del escapista |
2001: XIII Premio | César Gavela | El obispo de Cuando |
2000: XII Premio | Xosé Vázquez Pintor | A memoria do boi |
1999: XI Premio | Carlos Martínez Montesinos | Una bandada de mujeres muertas |
1998: X Premio | Francisco Javier Guzmán Fernández | La Brigada Lincoln |
1997: IX Premio | Fernando Palazuelos Gete | La trastienda azul |
1996: VIII Premio | Xosé Carlos Caneiro Pérez | Un xogo de apócrifos |
1995: VII Premio | Manuel Rivas | ¿Que me queres, amor? |
1994: VI Premio | José María Parreño | Las guerras civiles |
1993: V Premio | Antonio Pereira | Las ciudades de Poniente |
1992: IV Premio | Victor F. Freixanes | A cidade dos Césares |
1991: III Premio | Ignacio Martínez de Pisón | Nuevo plano de la ciudad secreta |
1990: II Premio | Vlady Kociancih | Todos los caminos |
1989: I Premio | Pedro Crespo | La muerte en la boca |