O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar unha moción, que se celebrará o vindeiro xoves, na que solicitan o Pleno do Concello de Ferrol que exprese o seu rechazo à proposta de reestruturación da explotación concesional feita pola empresa Tranvías del Ferrol e así mesmo piden que O Concello presente alegacións rexeitando esta proposta.
O BNG indica que o servizo de transporte público na cidade e máis concretamente o servizo de autobuses urbanos, na actualidade, é moi deficiente tanto na zona urbana como na zona rural. Tamén lembra que “levamos anos asistindo a unha merma significativa nos servizos que prestan as dúas empresas que teñen a concesión de explotación das liñas que discorren polo noso concello”. Así a zona rural, “leva anos agardando por un plan de transporte que garanta un servizo público en condicións que cubra as necesidades dos veciños e veciñas destas zonas do noso concello, sen resultado ningún”.
A isto hai que engadirlle a proposta de modificación das condicións do servizo formuladas pola empresa Tranvias del Ferrol, unha das concesionarias da rede de autobuses do concello, de reducir drasticamente o número de servizos que prestan as liñas que ten concesionadas.
Desaparición de tres liñas, a 4, a 7 e a 3. se crean dúas novas (unha circular e a 47) pero se reducen o número de servizos en todas as liñas que se manteñen.
Domingos e festivos, deixaran sen servizo de autobuses a zonas como A Graña, A Cabana, Santa Icia, a residencia “Arquitecto Marcide”, A Malata, etc.
Así mesmo, non se permite que a ruta 1-B chegue até Ferrol Vello, suprimindo a conexión directa deste barrio co CHUF de igual modo que acontece co Barrio de Caranza que tamén fica sen conexión directa co Arquitecto Marcide. Tampouco se contempla a prolongación da liña até o hospital Naval.