O PxxE

Miguel AlonsoMiguel Alonso
Creo que o mellor para o PSOE sería cambiar dunha vez as súas siglas. Así logo non terían problemas cos seus votantes. Es socialista? Es obrero? O es español solamente? preguntábase Javier Krahe naquela marabillosa canción, censurada, por suposto (si, en “democracia”) polo goberno de Felipe González. Mais iso xa é historia pasada. E tan pasada.

Chegados ao punto crítico, o Partido Socialista tivo que reflexionar e buscar un novo líder. O gran timonel do partido agora mesmo é Pedro Sánchez, un señor que cando lle preguntaron que definise a súa posición política do 1 ao 10 (sendo o 0 a esquerda e o 10 a dereita) contestou que se vía nun 4,5. Vamos, que tampouco é que minta moito o home. Nada vai cambiar nas elites dun partido así. Tampouco é que os outros candidatos fosen levar o PSOE á gloria. Madina, especialmente, demostrou máis dunha vez a súa ideoloxía (dar vivas á República e logo absterse na votación do aforamento do cidadán Juan Carlos).

Imaxino que as bases do PSOE non son exactamente así. Imaxino tan só porque non as coñezo moito. Nese caso terían que obrigar dunha vez a ese partido a que faga xustiza ás súas siglas. Se non, regálolles esta proposta: Poderían cambialas para ser o PxxE (como lembranza do que puido ser e non foi) ou directamente converterse no PE. En fin.

Para os que non a coñezan, aquí lles deixo “Cuervo ingenuo” de Javier Krahe, a dúo con Sabina. As cousas non cambiaron tanto:

https://www.youtube.com/watch?v=Fpo-vAE5Owc

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …

Un comentario

  1. El «ciudadano» que firma esto ve la realidad desde su exclusivo punto de vista; le preocupa que el PSOE sea poco de izquierdas. A mí en cambio me parece que el problema claro del PSOE es la «E». Ha venido engañando al personal durante muchos años con su idea de españa. Ahora se quita la careta en Cataluña y Pais vasco (y otros) y resulta que son coleguis de los nacionalistas. Por mi que hagan lo que les parezca, pero el engaño está ahí, y es mucho mayor que el de ser 4,5 rojo en lugar de bermellón como parece que le gustaría a nuestro ciudadano firmante.