“O Alcalde de Narón ven de responder ás derradeiras declaracións do PP de Narón, quen ameaza con denunciar ó rexedor por “obstaculizar a labor da oposición” ó non facilitarlles información no momento que a solicitan, segundo din os populares» se sinala nunha nota remitida pola alcaldía aos medios de comunicación.
José Manuel Blanco asegura que en caso de que o PP se sinta agraviado por algún acto do Alcalde, “o que ten que facer é acudir a onde considere que debe de ir para defender os seus intereses” en referencia á Xustiza. En todo caso, o rexedor asegura que “non é misión deste alcalde obstaculizar nada, pero tampouco se vai a consentir que ninguén paralice coas súas peticións a labor administrativa deste Concello, para dar resposta ás súas preguntas”.
O Alcalde lémbralle ó PP «que esas contestacións que eles demandan hai que solicitalas ós diferentes servizos municipais, e tendo en conta a prantilla axustada que conforma o Concello de Narón, supón un retraso cuantificable no quefacer diario. Ademais, a administración municipal dispón doutros canais para que os órganos de goberno e oposición obteñan información, como son as Comisións Informativas, os Libros de Resolucións e os Rogos e Preguntas que se formulan nas Sesións Plenarias.
Nestes dous últimos anos, o Concello rexistrou un elevado número de peticións de información por parte do PP, chegando a formular 129 solicitudes de escritos en 2013 e outras 37 solicitudes no que vai de ano 2014″.
Finalmente, o rexedor pecha este asunto indicando que “por máis que o grupo do PP intente o contrario, se lle vai dar prioridade á atención ós veciños” indica o Alcalde, lembrando que «o Partido Popular nestes últimos dous plenos de marzo e febreiro tan só formulou unha pregunta».
Respecto á outra polémica aberta polos populares, instando ó Goberno Municipal a devolver as dietas dos concelleiros polos plenos “por non cumprir a súa labor”, o Alcalde de Narón asegura que “nótase o descoñecemento que o PP ten sobre o funcionamento do Concello porque o que se abona son asistencias ós Plenos”. José Manuel Blanco lémbralles que os Plenos son órganos de decisión en canto a votación se refire, e onde se teñen que falar, debater, e aclarar os asuntos principalmente é nas Comisións Informativas.
De calquera maneira, José Manuel Blanco asegura que “si esa é a política que o PP quere implantar nas diferentes administracións do país coma o Congreso, o Parlamento ou a Deputación, teñen o noso apoio porque se aforrarían centos de millóns de euros públicos ó non pagar ós que non falan, é dicir, a inmensa maioría”.
Ademáis, o Alcalde cualifica de “indefendible que esta proposta veña dunha persoa que en tres anos non interviu en ningún dos debates plenarios da Deputación de A Coruña, onde ocupa un escano”, en referencia ó concelleiro do PP Miguel de Santiago. Incluso dentro do seu grupo municipal, “permítese ter un posto de concelleiro vacante durante case dous anos, por parte dunha persoa que está no extranxeiro”, conclúe o rexedor en referencia ó edil Pablo Prieto.
Este señor, el alcalde, no es muy listo o es un mentiroso compulsivo. El señor Pablo Prieto, de viaje fuera por motivos laborales conocidos por todo el mundo, no cobra un euro del ayuntamiento. Ya lo sabe. Solo quiere ocultar que no responde a los vecinos y que no da las explicaciones oportunas.