Agradecemento dos comités de Navantia e auxiliares polo apoio na manifestación do día 30

manifa-30-3«Desde os comités de empresa de Navantia Fene e Navantia Ferrol, así como dos delegados e delegadas das compañías auxiliares, -por medio dun comunicado sinalan que- en primeiro lugar queremos agradecer publicamente ao conxunto da cidadanía o apoio amosado na mobilización celebrada onte, 30 de marzo, en defensa do sector naval público da ría de Ferrol.

Ademais, esiximos que despois da contundente contestación, unha vez máis, da cidadanía de Ferrolterra, os gobernos sustentados polo PP non fagan novamente oídos xordos ás reivindicacións que vimos reclamando desde hai máis de tres anos, como a construción do buque flotante e do buque militar prometido en sede parlamentaria polo ministro de Facenda, e que isto non se convirta noutra falsa promesa en campaña electoral.»

Lea también

Navantia publica en su Portal de Empleo 131 plazas para titulados superiores

Navantia ha publicado desde el mes de julio en su Portal de Empleo un total de 131 …