Compromiso por Galicia levou a cabo onte en Ferrol a súa xornada de primarias abertas á cidadania, para escoller á persoa cabeza de lista da formación para as eleccións ao Parlamento Europeo
Destacar que o proceso é aberto, non únicamente aos afiliados e simpatizantes de Compromiso por Galicia, senón que de feito novidoso, abre a porta á participación a calquera persoa interesada no proceso, nunha tentativa clara de achegar a política e os partidos á cidadanía
Os candidatos ademáis participaron nun debate aberto con todas aquelas persoas presentes no Salón do Hotel Silva e destacaron os acordos programáticos de Compromiso por Galicia con esta Comarca: Aposta pola construcción civil e militar do naval da Ría de Ferrol, dique flotante, centro de reparacións, Potenciación do sistema portuario e das súas infraestructuras básicas, aposta pola xestión dos recursos enerxéticos propios e outras cuestión como a pesca ou o sector forestal.
Os participantes elixiron entre catro candidatos:
- Teba Conde, da agrupación local de CxG en Teo destacou “debemos facer unha aposta pola capacidade productiva de Galicia e non por unha involución cara as condicións do século pasado”.
- Paulo Carlos López, ex secretario xeral das xuventudes de CxG; afirmou: “En europa existen alternativas á política de austeridade, cómpre unha aposta polo crecimiento».
- Xosé Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo: apostou “por un reforzamento das políticas de cohesión e por unha Europa que poña freo aos grandes poderes financieros”.
- Pablo Penedo, coruñés e non afiliado á organización, puxo en valor o propio proceso de primarias “Compromiso por Galicia aposta pola creación de espazos directos de participación, achegando a toma de decisión á xente”.