El Grupo Municipal Socialista pide homenajear a Ángela Ruíz Robles en el día Internacional de la Mujer

El Grupo Municipal Socialista ha hecho llegar un comunicado con motivo del Día Internacional de la Mujer, en el que solicitan al gobierno local, dirigido por José Manuel Rey Varela, para dar un homenaje a la ferrolana y precursora del libro electrónico Ángela Ruiz Robles, quien patentó la enciclopedia mecánica en el 1949:angela ruiz 20-2

«O Grupo Municipal Socialista ven de propoñerlle ao goberno local na comisión de benestar de hoxe, a través da súa voceira Natividad González, varias actuacións de cara ao Día Internacional da Muller, que este ano se conmemora baixo o lema de “Igualdad de las mujeres: Progreso para tod@s”.

Neste senso, os socialistas instan á convocatoria do Consello Sectorial da Muller, en cumprimento do regulamento do mesmo, que esixe reunións trimestralmente, considerando que co gallo do devandito día internacional é necesario, máis que nunca, contar co órgano de participación das mulleres onde ao Grupo Municipal Socialista lle gustaría presentar as súas propostas.

Así mesmo, Natividad González  pídelle ao goberno local que se homenaxee a figura da ferrolá Ángeles Ruíz Robles, que foi unha mestra, escritora e inventora, precursora do libro electrónico. Destacou a este respecto que os Ministerios de Economía e Competitividade e de Educación, Cultura e Deporte veñen de editar conxuntamente unha monografía, que baixo o título de “Ángela Ruíz Robles y la invención del libro mecánico” recollendo o invento (a Enciclopedia Mecánica) dunha veciña de Ferrol que exerceu o seu maxisterio na escola de Santa Uxía de Mandiá e no Instituto Ibáñez Martín entre outros, exemplar do que dispón o Concello por xentileza da familia da inventora.

Neste senso, dende o Grupo Socialista entenden que son máis que suficientes os méritos que ten acumulados esta figura feminina para facela merecedora dun recoñecemento da cidade na que tanto traballou, polo que propoñemos unha mención especial pola corporación do seu traballo no acto do Día 8 de marzo deste ano e o nomeamento dunha rúa na súa honra, así como recoller o reflexo da súa pegada na cidade na sinalización das rutas turísticas da cidade. Así mesmo, a Enciclopedia Mecánica, atópase na actualidade exposto no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, polo que o Grupo Socialista considera interesante que a Concellería de Igualdade promova unha visita das asociacións de mulleres da cidade.

Tamén a edil socialista instou ao cumprimento do acordo plenario acadado fai un ano que o Grupo Municipal Socialista propuxo con ocasión do devandito día Internacional Internacional da Muller 2013, criticando que  aínda falten por cumprir, o que mostra o desinterese do goberno local nesta materia, as seguintes actuacións:

a)    Nomear unha rúa ou praza representativa da cidade co nome  “As Constituíntes”.

b)    A recuperación da ruta turística “Ferrol en Feminino” e se faga a súa difusión, incluíndoa na programación estable da Concellería de Turismo, que poña en valor o traballo desenvolvido polas mulleres na historia da cidade.

c)     A posta en marcha da sinalización, alusiva ás pegadas que as mulleres deixaron na cidade.

d)    Trasladar a devandita resolución ao Consello Sectorial da Muller.

Así mesmo, e no senso de dar continuidade ao proxecto Ferrol en Feminino na procura de resarcir as mulleres do agravio comparativo as que as ten relegado tantas veces a historia, propuxo continuar co nomeamento de rúas con nomes de mulleres relevantes do noso acervo cultural, reiterando a proposta dos socialistas do nomeamento en feminino da metade das rúas de O Bertón.

Finalmente, e para  dar visibilidade ao acto contra a violencia de xénero, os socialistas propuxeron que nos actos de rexeitamento desta lacra  social, e para implicar á cidadanía se expoña un frontis co seguinte lema: SÚMATE E ACTÚA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.»

 

 

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …